Manuel Guisande, convidado polo Tecnológico de Monterrey para impartir un curso de escritura

O xornalista, escritor e guionista galego foi convidado a proposta da directora do Departamento de Comunicación e Xornalismo para impartir un curso de escritura creativa e realizar diversos proxectos artísticos con estudantes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/02/2017 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

O Instituto Tecnolóxico e de Estudos Superiores de Monterrey (TEC), en México, considerada a sétima universidade máis importante de Latinoamérica e a mellor do país azteca, convidou ao xornalista e escritor galego Manuel Guisande a impartir un curso de escritura creativa e levar a cabo diversos proxectos artísticos con estudantes deste centro académico. 

O xornalista e escritor Manuel Guisande, cun exemplar do seu libro 'Tonterías escritas en momentos de estupidez'.
O xornalista e escritor Manuel Guisande, cun exemplar do seu libro 'Tonterías escritas en momentos de estupidez'.

O convite chega logo de que a directora do Departamento de Comunicación e Xornalismo do centro universitario, Ana Cecilia Torres, lese varios libros de Guisande que espertaron o seu interese e que a animaron a trasladar á dirección do TEC a proposta de convidar ao autor galego a impartir aos alumnos de Literatura e Arte Dramático os seus coñecementos en Xornalismo e escritura de relatos, contos e guións de radio e teatro. Será durante tres semanas, entre o 7 e o 21 de febreiro.

Guisande será ademais recibido polo cónsul de España en Monterrey, Francisco Capote Yeregui, co que manterá unha charla informal sobre as relacións culturais entre España e México, e pronunciará unha conferencia na Casa de España en Monterrey, que preside José María Benarroch.

Guisande sinalou que lle sorprendeu o convite: "Causoume unha gran ilusión, non soamente porque México é un país moi atractivo, senón polas facilidades que me deron para levar a cabo diversas propostas creativas, o que desgraciadamente non me ocorreu en Galicia", expresou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta