Novo desafiuzamento en Ferrol a unha muller con catro fillos

A Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra pídelle a Xunta e concello que actúen para evitar este lanzamento.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 02/02/2017 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

Cristina D.B é a nova vítima dun caso de desafiuzamento. Desta volta é en Ferrol e a muller debe de deixar a vivenda que comparte con catro fillos, dous deles menores de idade, de 11 e 16 anos, este mesmo venres. Este novo caso ten lugar en Telleiras (Ferrol).

Protesta de Stop Desahucios na Coruña en defensa de Aurelia
Protesta de Stop Desahucios na Coruña en defensa de Aurelia | Fonte: tingalaranga

A Cristina fai uns poucos meses que se lle acaba de conceder o Risga. Unha situación que Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra xa lle comunicou  ao Delegado Territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, o pasado venres 27 de xaneiro.

Este colectivo tamén se reuniu xa coa concelleira de Benestar, para que os Servizos Sociais do concello solicitaran o adiamento do lanzamento da vivenda, até que non se lle atopara unha alternativa residencial a esta familia, en cumprimento do acordado no Convenio entre Fegam, Xunta e Poder Xudicial. 

A este caso súmase outro desafiuzamento previsto en Ferrol, o de J.T.Z. que se executará o 13 de febreiro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 A Tahona

E a concelleira de Servizos Sociais pensa facer algo?