O ‘Brexit’ pode facilitar que o galego sexa aceptado como lingua oficial da UE

Irlanda e Malta, onde o inglés é lingua cooficial, teñen a chave para que as linguas propias de Galicia, Cataluña e Euskadi sexan tamén recoñecidas como idiomas oficiais na Administración comunitaria trala saída do Reino Unido da Unión Europea.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 08/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O Brexit —a saída do Reino Unido da Unión Europea (UE)— podería ter consecuencias lingüísticas positivas para o galego. A clave téñena Irlanda e Malta, países onde o inglés é lingua cooficial pero que elixiron o gaélico e o maltés como idioma oficial na UE porque a lingua inglesa xa estaba representada grazas a Reino Unido. Agora, coa saída británica o inglés xa non terá representación na UE e debería deixar de ser lingua oficial, xa que só Londres solicitou legalmente o seu recoñecemento. Pero se Irlanda e Malta decidisen defender a oficialidade do inglés, outras linguas cooficiais noutros Estados, como o galego, o éuscaro e o catalán, poderían reivindicar tamén a oficialidade que até o de agora se lles negou na Administración europea. Cando menos esta é a hipótese que barallan investigadores da Université Libre de Bruxelas, a Universidad Pablo de Olavide de Sevilla e a Southern Methodist University e New Economic School de Moscú.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Nun artigo titulado 'Ranking Languages in the European Union: Before and After Brexit', Victor Ginsburgh, Juan D. Moreno Ternero e Shlomo Weber presentan un marco para a avaliación do impacto das linguas nas sociedades multilingües e analizan o impacto do Brexit nas clasificacións das linguas europeas, especialmente se o inglés perde a súa condición de idioma oficial na UE.

Os autores do estudo lembran que o inglés é o primeiro idioma na UE, falado —como nativo ou coñecido— por uns 182 millóns de 490 millóns de europeos. "Converteuse de facto na lingua franca en Europa, aínda que priva de dereitos a grandes grupos en moitos países", explican os investigadores, que plantexan un futuro escenario no que inglés perdería o seu estatus oficial, ademais de 60 millóns de falantes nativos na UE, tras executarse o Brexit, malia que é idioma oficial en Irlanda (xunto co gaélico) e en Malta (xunto co maltés), países onde a lingua inglesa é dominante. "De feito, o inglés é falado por unha gran maioría de cidadáns de Irlanda, que accederon á UE en 1973", pero este país, "ao cabo de 25 anos, pediu que o gaélico se convertese na súa lingua oficial", o cal "foi aceptado pola UE", conveténdose o 1 de xaneiro de 2007 nun dos 24 idiomas oficiais. No caso de Malta, os tres investigadores lembran que "o inglés tamén é falado pola maioría de malteses".

NOVO ESCENARIO PARA REIVINDICAR O GALEGO

En 2005, a UE aprobou que o catalán, o galego e o éuscaro se poidan utilizar no Parlamento Europeo, o Comité das Rexións e no Consello de Ministros europeo, pero rexeitou a aspiración do Goberno español de lograr que eses idiomas obtivesen o estatuto de linguas oficiais europeas. A resolución comunitaria tamén permitiu que os cidadáns de Galicia, Cataluña e Euskadi poidan dirixirse nas tres linguas cooficiais en España ás institucións europeas e obter a resposta no mesmo idioma. O acordo foi adoptado polo Consello de Ministros de Asuntos Xerais da UE en Luxemburgo.

Porén, agora, no caso de que se pretenda que o inglés se manteña como lingua oficial da UE coa solicitude de Irlanda e/ou Malta, abriríanse novas posibilidades a outras linguas cooficiais como o galego, que se ben pode ser usado na Administración comunitaria para garantir os dereitos dos seus falantes, non ten consideración de idioma oficial na UE.

O dilema para as autoridades europeas sería o seguinte: "Aceptar que Irlanda (con 4,1 millóns de habitantes) e Malta (con 0,4 millóns de habitantes) teñan cada un dous idiomas oficiais (aínda que o inglés é común) pode provocar que outros países (ou rexións) pidan que se acepten as súas linguas", expoñen os autores do estudo.

Así, aproximámosnos a un escenario lingüístico novo na UE de conflito por agravios comparativos, xa que, como ben lembran estes investigadores, idiomas tamén cooficiais, neste caso no Estado español, como o catalán, con 6,2 millóns de falantes, o galego, cuns 3 millóns, e o vasco, con 0,7 millóns, "son falados por máis xente que o maltés e o gaélico, e o catalán é falado por máis xente que o conxunto de Irlanda". 

Se ben é certo que "podería suceder que Irlanda ou Malta acepten substituír o seu idioma oficial polo inglés" nas institucións comunitarias, "sería politicamente difícil" que os seus gobernos poidan afrontar as consecuencias de tal proposta ante as súas poboacións, segundo os expertos. Polo tanto, as autoridades comunitarias terán que resolver o dilema de excluír definitivamente o inglés como lingua oficial ou abrir o abano da oficialidade a outras linguas cooficiais noutros Estados.

Nun escenario no que a UE considere, con todo, manter o inglés como lingua oficial, sen ser lingua propia de ningún Estado membro, "isto podería ser reprendido por algúns países" e, ademais, "requeriría un voto do Consello Europeo", sinalan os autores do estudo, que lembran: "Segundo as normas constitucionais da UE, os votos sobre as linguas deben ser unánimes. É dubidoso que Alemaña e Francia emitan un voto positivo, xa que ambos os dous loitan contra o inglés, que de feito se utiliza en exceso como un idioma de traballo".

Así pois, se Irlanda e Malta solicitasen ser representados pola lingua inglesa ou propuxesen mantela como idioma oficial na UE, o galego tería aberta unha vía directa para esixir ser parte da lista de idiomas oficiais da UE. Pero para isto, primeiro os Estados membros deberían chegar a un acordo para cambiar o regulamento e permitir que Irlanda e Malta teñan dous idiomas oficiais. O agravio comparativo coas linguas cooficiais do Estado español sería tal, que dificilmente se lle podería poñer trabas á aceptación do galego, catalán e éuscaro.

Esta posibilidade non semella moi distante, xa que a representación de Irlanda ante a Comisión Europea xa desmentira que o inglés desaparecería automaticamente como lingua oficial coa saída do Reino Unido. "O Consello de Ministros, por unanimidade, decide as normas que regulan o uso dos idiomas nas institucións europeas. Noutras palabras, calquera cambio no réxime de idiomas debe obter o voto unánime do Consello, incluido Irlanda", advertiu. Así pois, sería incomprensible que Irlanda e os demais Estados membros defendesen a oficilidade do gaélico e do inglés na UE e vetasen a aceptación do galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

8 Nexus 6

Supongo que acabarán arreglándolo para que aquello no se convierta en un galimatías mayor del que ya representan 28 estados y 24 lenguas oficiales “comunes”. Pero es que en Europa hay unas 60 lenguas regionales: sardo, piamontés, bretón, gaélico escocés, galés, gaélico irlandés, corso, frisón, albanés, romaní…hasta ruso. En España tenemos tres piedras en el zapato: gallego, euskera y catalán. ¡Esto nos da más de 80 lenguas!. ! Menos mal que hay países como Francia o Polonia que aplican el sentido común y no han firmado la Carta de las lenguas por lo que sólo reconocen un idioma oficial y en los países bálticos no se le reconoce oficialidad alguna a la minoría de hablantes rusos. Lo dicho, con las comunes de cada estado hay ya bastantes.

1 M. Meixide

Si, un único idioma oficial (o castellano), e tamén unha única relixión oficial (a católica, apostólica e romana, por suposto), e que as mulleres deixen de poder decidir por si (que para iso está o marido, o pai ou o irmán varón, para tutelalas que ellas soas non son capaces)... De verdade, outros xa o apuntaron antes, Galicia Confidencial para gañar audiencia emprega provocadores? Hai bárbaros e túzaros, pero tantos e tan insistentes!

2 Fartodalingua

A ver Meijide. Un único idioma oficial: el español. Lo de la religión, las mujeres y los varones lo dices tú. ¿Por qué es provocación opinar de la razón de un sólo idioma oficial y no lo es pedir la cooficialidad de cuatro lenguas cuando todos nos entendemos en español?

3 teutonio

Porque nun medio galego no século XXI posicionarse contra a xustiza, dereitos humanos, democracia, representatividade, respecto da diversidade ou os consensos máis que firmes da sociedade é pra moitos querer provocar. Como sodes persoas viaxadas e con cultura, seguro que entendedes o que se conta neste video https://www.youtube.com/watch?v=dro...

4 Ana

Eu son das que tamén sospeito que Galicia Confidencial é complice dos polemistas de ideoloxía fascista ou emprega métodos pouco decentes para animar o debate, un xeito que delata a falla de escrúpulos do medio. É duro de ler, seguro, pois máis é aturar que te censuren por opinións contrastadas (tan sensibles cando tocamos as meteduras de pata da casa ou á família Baltar) e permitan as provocacións dos seguidores de Millán Astray.

7 nostrus

Bueno, yo comprendo que a muchos devotos del gallego les hará gran ilusión, tanta ilusion como a los deportivistas que el Dépor gane la Champions, pero desde el punto de vista práctico, no veo lo que la sociedad sale ganando. En Union Europea se supera el centenar de lenguas y veintitantas son oficiales;¿se deberian poner el ciento y pico como oficiales?, ¿será la solucion añadir a las veintitantas cuatro o cinco mas?. Los que quieran disfrutar que lo hagan pero no se exciten demaseado, no sea que les pegue el bajon.

1 Ana

Como sempre, o supremacista nostrus entra a comentar cando aparece unha nova que suxira igualar os dereitos dos galegofalantes, sempre para facer categorías, deixando claro a súa posición como ultranacionalista español (a 'normal', a 'utilidade', a 'realidade', a 'verdade'... segundo a súa ideoloxía neofascista, claro!).

2 nostrus

Ana, o de supremacista sobra e si tanto me criticas tamen podes fcelo co titulo do comentario 4 (expaña porqueria), ¿quen é o fascista?. A min non me molesta que o galego sexa oficial no Vaticano, pero preferiria que o Reino Unido continuara na UE inda a costa de que o galego non pudera aspirar a ser oficial na UE.

3 teutonio

A sociedade gaña¡, xa non so por razóns prácticas e obvias (poder comunicarte na túa lingua coas institucións), tamén por democracia e representatividade, respecto e promoción pola diversidade por parte das institucións, empoderamento dunha lingua minorizada e dos seus falantes, etc. Outra cousa é que ti o poidas ver ou que escribas simplemente pra ter algo que facer coa túa triste vida.

4 PEPE MULEIRO EXPAÑOL

Co galego e co ingles xa chega o expañolento non sirve para nada, algún "pepe muleiro" anda a defender o andalusí-mozárabe como idioma expañolento pero o rexeitanos no norte o galego o basco e o catalán din non a expaña a covacha de ladrons suxa e criminal... son ladroecio son mangaluces... EXPAÑA E UNHA CASA DE FRUTAS!!!!!

5 nostrus

A ver teutonio, xa dixen moitisimas veces que a min non me molesta a oficialidade do galego e que a xente o use canto lle dea a gaña; eu só me pregunto si merece a pena o precio que haberia que pagar parq que o galego fose oficial na UE. Vos pola vosa parte só sabedes chamarme fascista, que odio ao galego, patain patatan. Pensa cuantas linguas na UE estan na mesma situacion co galego, ¿deberan todas ser oficiales?. Que os sentimentos non che nublen a vista e pensa ca cabeza e non co corazon, co estomago ou ca gaita si queres tomar unha decision intelixente.

6 teutonio

Pois exactamente, na mesma situación que o galego (e catalán e euskera) so están daquela maneira o friuliano e o sardo, aínda que a oficialidade destas linguas está moito menos garantida legalmente e na práctica que a do galego, e ademáis está o frisio no norte dos Países Baixos. O resto de linguas ou non son oficiais nos seus estados aínda que exista certo grao de protección (corso, bretón, sorbio, kashubio), son oficiais en RU e por tanto non contan (galés) ou son falados por minorías nacionais con estado propio (húngaros de Eslovaquia e Rumania, suecos de Finlandia, eslovenos e tiroleses en Italia...) (hai que ler máis). Por tanto non entendo como se pode facer o gasto pro maltés, o irlandés ou o estonio e non pro galego ou catalán con moitos máis falantes.

7 teutonio

O simpático é que despois é xente coma ti quen protesta porque o castelán non sexa lingua de traballo das institucións e axencias europeas, ou non conte pro rexistro de patentes europeo, etc. E eu non te chamei fascista, porén vir sempre comentar neste tipo de novas pra provocar e con argumentos supremacistas (non paga a pena recoñecer a oficialidade do galego e o gasto que conleva porque é unha lingua de segunda con falantes de segunda que sempre poden usar o castelán ou portugués, non como os irlandeses, luxemburgueses ou malteses que si poden empregar candansúas e gastar os cartos en vez de usar o inglés, alemán ou francés (tamén cooficiais neses territorios). Penso que iso é propio de persoas con problemas mentais ou cun gran complexo. Insisto, hai terapeutas que che poden axudar a superar esa fobia... a moitos tamén lle puxeron os cornos con nacionalistas e non acabaron así de mal.

8 humanidad y ecología

En el mundo hay 200 Estados y hay mas de 6000 lenguas. Yo soy vasco parlante y el vasco es una de las lenguas referentes en el mundo de las lenguas minoritarias. Desde la lógica de Europa se entiende lo que dices tú. Es decir, que cada Estado tenga su lengua y nada más. Pero, desde la lógica de la diversidad lingüistica mundana, no se aprecia eso. Es verdad que ahora parece que segun van modernizando algunos Estados quieren unificar todo el Estado. Pero, ¿no te das cuenta de que vamos perdiendo la diversidad? ¿Si la carne mas barata es la del pollo, para que tener terneras y cerdos? ¿El Estado Español debe de tomar medidas para que el ingles no le perjudiqué al español, o no? La lengua te da el modo de pensar que viene desde siglos atrás. Hay numerosos estudios que conprueban que cuando un idioma se va desapareciendo, los únicos monolingües de esa lengua se alcoholizan y pasan mal. Eso demuestra el peso de la lengua.

9 Humanidad y ecología

Si cada lengua tiene ese peso, ¿quién puede ser tan cruel de imponer su modo de ser a otra civilización? Desde el punto de vista práctico se entiende tu postura, pero desde el punto de vista humano y ecológico es una barbarie. No se si te ayuda mi comentario o no a entender por qué algunas personas le damos tanta importancia a esa lengua minorizada. Un saludo. Eskerrik asko.

6 galego internacional

Desde os tempos de Jose Posada e Camilo Nogueira , os eurodeputados galegos empregam o galego no parlamento europeu sem problema nengum.

1 nb3M

"Galego internacional" que nin é galego, nin internacional.

2 galego ja eh internacional

o galego eh tam internacional como o espanhol. ou pensas que o espanhol so se fala em castela e o de mexico eh mexicano?

5 galego internacional

Desde os tempos de Jose Posada e Camilo Nogueira , os eurodeputados galegos empregam o galego no parlamento europeu sem problema nengum.

1 Galego transnacional

Unha cousa é que se permita o seu uso —faltaría máis!— e outra que sexa recoñecido como lingua oficial da UE, cousa que non sucedeu até o de agora. A ver se prestamos máis atención aos detalles, que importan moito.

2 galego já é internacional

O galego ( na sua normativa internacional que,como é sabido, atinge à escrita, nom à fala). já é reconhecido como língua oficial da UE, co mesmo estaus que o alemám, francês, espanhol. sueco. etc. Prova disto é que as eurodeputadas Ana Miranda e Lídia Senra podem trabalhar, e de feito trabalham, na sua língua sem atranco nengum, a diferença do que lhes acontece aos eurodeputados de fala basca e catalá.

4 expaña porqueria

ben... ben... e agora que saia algún expañolete ignorante e burrican a amargarnos a boa nova...