Temas: ELéCTRICAS

A oposición fala de "escándalo" polos cortes de luz e UU.AA. anuncia escraches

O PP defende a apertura de expedientes contra as eléctircas. Feijóo estivo en contacto co ministro de Enerxía durante o fin de semana, segundo Puy.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/02/2017 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

Os cortes eléctricos sufridos por milleiros de familias, e durante varios días, nos últimos días por mor dos temporais ameazan con converterse nun novo problema para o Goberno de Feijóo pola falta de resposta e de presión ás eléctricas. En Marea e BNG cualificaron de "escándalo" a situación e UU.AA. ameazou xa con realizar "escraches" ante a sede de Unión Fenosa.

Planta de enerxía eléctrica
Planta de enerxía eléctrica | Fonte: eldiario.es

En Marea e o BNG xa esixiron a comparecencia de membros do Goberno, aproveitando o pleno do Parlamento para a aprobación definitiva dos orzamentos de 2017. O PPdeG, pola súa banda, respondeu ás críticas apuntando que, mentres se producía este debate, o conselleiro de Industria anunciou a apertura de expedientes ás distribuidoras de electricidade para analizar se os protocolos foron os adecuados.

Ademais, o portavoz parlamentario dos populares galegos, Pedro Puy, destacou que as distintas consellerías están "a traballar" para "avaliar" os danos producidos e "repor" os servizos.

Durante o pasado fin de semana, segundo revelou, a Xunta estivo en diálogo permanente coas subministradoras e o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, "persoalmente" en contacto co ministro de Enerxía.

"GRAN ESTAFA"

Pola súa banda, o viceportavoz de En Marea na Cámara, Antón Sánchez, falou dunha "gran estafa", e sinalou directamente a Fenosa, en relación cunha "farsa" que, ao seu xuízo, quedou "destapada" estes días.

Danos no tellado do Colexio de Sober por mor do temporal de vento nunha imaxe difundida polo Concello
Danos no tellado do Colexio de Sober por mor do temporal de vento nunha imaxe difundida polo Concello

"Vai vir Feijóo a comparecer, si ou non?", preguntou, antes de esperar que o Executivo "responda" do mesmo xeito que o PP, dixo, demandou no seu día explicacións ao bipartito.

"RESPOSTA MORNA"

A portavoz do Bloque no Pazo do Hórreo, Ana Pontón, esixiu que se abra un expediente a Fenosa, e requiriu a comparecencia do vicepresidente ou dalgún integrante do Goberno galego.

De feito, suxeriu a modificación da orde do día do pleno para debater sobre este asunto e non actuar de maneira autómata ante unha realidade cambiante.

Ante a intervención de Puy, a nacionalista replicou que a resposta da Xunta parécelle "absolutamente morna" e que, na súa opinión, o que son necesarias son "sancións" e que non se "tome máis o pelo" aos galegos, con feitos que puxeron "en risco a vida das persoas" e afectaron con "perdas" ás explotacións.

ESCRACHE

Pola súa banda, osindicato Unións Agrarias (UU.AA.) denunciou o "desprezo" das compañías eléctricas aos usuarios que viven e traballan no rural galego pola falta de mantemento das infraestruturas e de limpeza de árbores nos pasos de liña, o que levou á caída dos tendidos durante o temporal.

Segundo anunciou a organización este luns a través dun comunicado, iniciará "unha forte campaña" de denuncia fronte ás sedes e oficinas das eléctricas se "nas próximas horas non mellora a situación de forma notable".

Ademais, afirmaron que están a documentar as perdas e gastos aos que os gandeiros ven obrigados a facer fronte. Neste sentido, lembrou que "moitos produtores" van afrontar esta "calamidade climatolóxica" sen a cobertura dun seguro, pois carecen de recursos para poder contratalo.

Así mesmo, o sindicato agrario criticou que "moitas" explotacións --especialmente na provincia de Lugo, aínda que tamén en Pontevedra e A Coruña-- "seguen sen poder normalizar as súas actividades diarias pola ausencia de electricidade ou polos reiterados cortes de abastecemento".

PERDA DUN SERVIZO BÁSICO

Pola súa banda, Compromiso por Galicia tamén reprochou a "falta continua de mantemento" e esixiu "compensacións reais" para os afectados.

Segundo o secretario xeral da formación, Juan Carlos Piñeiro, o temporal "non pode xustificar a perda dun servizo básico durante tanto tempo". Piñeiro sinalou que "aínda hoxe, hai colexios sen luz, nenos sen calefacción e infraestruturas e servizos danados".

Temas: ELéCTRICAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 marife PORCA EXPAÑOLA

a traidora marea sigue sin pedir un-ha tarifa eléctrica galega (rebaixa dun 30 por cento para a industria e dun 25 por cento para dos domicilios) a marea e expañolenta son expañois e lles gusta roubarnos un-ha e outra vez, non son autenticos nacionalistas o igual co pe$oes o pp e puro ladroecio expañol, nos rouban e saquean, e suben e suben as tarifas eléctricas ata a estratosfera, a luz esta mais cara ca nunca neste tempo de oscuridade, esta demostrado que co marijuano ir a edade de pedra e o indicado... os porcos expañois mangalusis son os que deberían pagar mais caro non pode ser que mandriles a 550 quilómetros teña os mesmos prezos da enerxia que a Galiza... NON FIEN DE MANDRILES!!! nin dos seus politicastos veñen a roubarnos... EXPAÑA NOS ROUBA!!!! ESTAR EN EXPAÑA E CICLOXENESIS LADROA CONTINUA!!!!