A xustiza paraliza o proxecto de Gas Natural Fenosa de pasar unha liña de alta tensión pola fraga de Catasós

Unha sentenza xudicial rexeita que a compañía pase os seus postes pola Fraga de Casas Vellas porque o seu trazado incumpre a lexislación ambiental.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 08/02/2017 | Actualizada ás 09:05

Comparte esta noticia

Miles de árbores dunha fraga histórica seguirán amosando a súa maxia e a súa fermosura. A instalación dunha liña de alta tensión de Unión Fenosa ameazaba con destrozar un dos pulmóns verdes e con máis historia de Lalín, a Fraga de Casas Vellas, en Catasós. Pero unha sentenza xudicial acaba de poñer freo a esta situación.

Fraga de Catasós, en Lalín
Fraga de Catasós, en Lalín

Gas Natural Fenosa xa tiña todos os permisos, incluídos os da Xunta, para cruzar os postes eléctricos pola fraga e arrasar con 2.000 árbores desta paraxe natural. Eran máis de 20 kms de cable cunha potencia de 132 kw e que, ademais, ían pasar pegados a varios núcleos de poboación.

Pero a oposición veciñal, liderada pola plataforma Salvemos Cabanas, e a de determinados partidos políticos, fixo que este proxecto acabara nos tribunais. Acusaban á Xunta e ao concello do anterior alcalde, o popular José Crespo, de “pregarse aos intereses” das eléctricas. A xustiza deulles, finalmente, a razón, a eles e ao novo concello que se opuxo á obra. 

A titular do xulgado do Contencioso-Administrativo Número 3 de Pontevedra valorou as probas remitidas polo executivo de Rafael Cuiña con informes do Consello da Cultura Galega, o Valedor do Pobo e os testemuños en sala do catedrático en Botánica da USC Javier Guitián. Por unha banda o xuíz entende que tanto Casas Vellas como a Fraga de Quiroga conforman unha única unidade paisaxística, mentres que por outro discute a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada pola Xunta. Tamén indica que debe prevalecer a lexislación ambiental sobre a urbanística.

“Esta noticia supón unha vitoria do pobo de Lalín fronte aos poderes fácticos e a outros”, dixo Cuíña que, felicitou á plataforma Salvemos Catasós e ao conxunto da cidadanía. "Podemos dicir que este goberno e o pobo conseguimos salvar as fragas de Catasós", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Carla

Cuiña é un crack