O Xulgado Mercantil Número 1 da Coruña ratifica o peche da web Rojadirecta

Estima integramente a demanda que interpuxo DTS Distribuidora de Televisión Dixital contra Porto 80 Projects, a empresa que xestiona Rojadirecta.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/02/2017 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O Xulgado do Mercantil Número 1 da Coruña ratificou o peche do sitio web Rojadirecta, que xa decretara de forma cautelar, tras a demanda que interpuxo Canal +, na actualidade Movistar+, pola emisión de eventos deportivos, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press. O fallo é recurrible ante a Audiencia Provincial da Coruña, precisaron as mesmas fontes.

Sitio web de Rojadirecta.
Sitio web de Rojadirecta.

O Xulgado estima integramente a demanda que interpuxo DTS Distribuidora de Televisión Dixital contra Porto 80 Projects, a empresa que xestiona Rojadirecta.

A sentenza coincide co fallo emitido, con anterioridade, polo Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña que estimou a demanda presentada por Mediapro contra a entidade Porto 80 Projects. En ambas, considérase que foron vulnerados os dereitos de propiedade intelectual coas emisións de partidos de fútbol.

En novembro do ano pasado, o Xulgado do Mercantil número 2 condenou ao mercantil Porto 80 Projects "a cesar inmediatamente na facilitación de ligazóns ou links de Internet, de calquera tipo" sobre os citados eventos deportivos.

En concreto, prohíbeselle dar acceso "ao visionado en directo ou en modo lixeiramente diferido de partidos de fútbol producidos ou emitidos por calquera das demandantes xa sexa na actual ou en futuras tempadas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Don Pimpón

Ostiaaaa! "a cesar inmediatamente na facilitación de ligazóns ou links de Internet, de calquera tipo" Condenaselle a non facilitar links... ou sexa reconocese que rojadirecta non emitía os partidos e só é un directorio de links a outros canais de streaming... ou sexa como un agregador que linka noticias... coma menéame... coma google... coma a wikipedia... coma todo internet... Que o pechen todo xa!! Iñorantes!