Carmen Santos: “Podemos seguirá a súa ruta en Galicia con novas alianzas con En Marea”

A secretaria xeral de Podemos ven reforzada da Vista Alegre II. Firme defensora das teses de Pablo Iglesias, Carmen Santos, destaca que os críticos “deben tomar nota” e “cambiar”. “Nós tenderemos a man”, di en alusión á errejonista Ángela Rodríguez, a súa gran rival en Galicia. Defende a súa alianza con En Marea, aínda que incide en que Podemos ten axenda propia, e defende tamén a Luís Villares de quen di que é “quen mellor pode representar ese espazo mestizo”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Quen gañou en Vista Alegre II?

Carmen Santos
Carmen Santos | Fonte: Europa Press.

Nós cremos que gañaron as bases coa súa participación histórica e, obviamente, saíu gañando Podemos e o cambio político que representa.

Entón non gañou Pablo Iglesias?. Dígoo porque os resultados sinalan unha vitoria total sobre as teses de Íñigo Errejón. Por que cres que os militantes apostaron por Pablo e non por Íñigo?

Xosé Manuel Beiras con Carolina Bescansa e Carmen Santos, de Podemos, e Eva Solla, de EU
Xosé Manuel Beiras con Carolina Bescansa e Carmen Santos, de Podemos, e Eva Solla, de EU | Fonte: EP

Porque eu creo que a coherencia e a aposta estratéxica era a que aglutinaba  á  maioría e a xente cando soubo os termos dos que falaban uns e outros e e o que se ía votar, pois tiñan claro o Podemos que querían. E resultou que querían un Podemos con Pablo á fronte. 

E que ten Pablo que non ten non ten Errejón para convencer dese xeito ás bases?

É moi ousado que eu me poña na cabeza dos participantes para contestar isto. En todo caso, eu penso que Pablo é quen de pórlle voz á maioría e representa o espírito de Podemos. Así aconteceu no 2014 e continúa agora porque no seu proxecto están os proxectos territoriais. Non era só o proxecto de Pablo Iglesias, senón os proxectos de Podemos nos distintos territorios do Estado, como é o meu caso, que tamén incorporou no seu documento e, de aí, o apoio case total das bases.

E todo este tenso proceso erviu para fechar feridas abertas ou cres que aínda seguirán supurando?

Nós consideramos que o congreso debería pechar feridas porque todos berramos unidade desde o primeiro día ata cando saíron os resultados, tanto na subida de Errejón ao escenario como na de Pablo. Desde logo, pola parte do sector da maioría hai vontade total de unidade e integración para os que queiran traballar con lealdade no proxecto e nas liñas aprobadas.

E agora, cal debe de ser o camiño de Podemos... O da mobilización? 

Máis que iso, estar coa xente e interactuar no día a día, buscar todos os espazos no que están os cidadáns e saber o que pensan e queren. Aínda que debemos estar no Parlamento e nos despachos, iso non debe de ocupar o máximo do noso tempo. Temos que estar cos que o están pasando mal, sobre todo, logo do desastre feito nos gobernos do PP e do PSOE que, agora, seguen gobernando xuntos.

En todo caso, ti saes reforzada como secretaria xeral de Podemos Galicia. Que vai pasar agora cos críticos?

Eu repito o mesmo. Unha cousa é que avalara a lista de Pablo e outra cousa é o que pasa en Galicia, máis alá de que o proxecto galego sigue en coordinación co proxecto estatal. Había unha visión moi semellante alá e aquí e por iso eu ía no proxecto de Pablo e os críticos deberían tomar nota nese sentido, pois foi o que decidiron as bases. Non queren secretarios xerais débiles atacados por outros compañeiros, que estean en tensión retados polos consellos cidadáns. Os secretarios xerais débense ás bases que son os que deciden o día a día para que poidan traballar libremente co seu equipo. Por iso nós tendemos a man para os que non se integraron o fagan, aínda que son unha minoría. Teñen que cambiar de rumbo en vez de facer oposición interna. E que traballen coas bases que son os que deron a lexitimidade para estar onde estamos aos proxectos que estamos. As bases falaron claro; non queren máis lío interno, nin secretarios xerais debilitados, senón un Podemos forte para ser a alternativa ao PP.

Tanto ti como Ángela Rodríguez, Pam, estades no Consello Cidadán, ti apoiando a Pablo e ela a Íñigo. Nos últimos tempos houbo moita tensión entre vós. Seguirá esa tensión?

Pam e Marcos Cal, unha vez rematado o congreso, achegáronse a min e Carmela Docampo, dos círculos de Valdeorras e que pasou a ser membro do Consello Estatal, para limar asperezas e para tentar seguir fortalecendo Podemos.

Entón é posible que tamén esa unidade que se pediu en Vista Alegre II chegue tamén a Galicia?

Por parte deles houbo ese xesto de achegamento e a nós iso nos alegra. Unha cousa son diferencias políticas e outra a oposición.

E seguirá a folla de ruta prevista Podemos-Galicia?

Si, si, totalmente, porque hai unha continuidade do proxecto de aquí que está revalidado polo Consello Estatal.

Agora Podemos está integrada en En Marea, inflúe nalgo iso?

Podemos é un partido e En Marea parece que se constituíu noutro partido. En Marea vai ser un partido político e nos parece ben que o faga porque consideramos importante un espazo mestizo desas características pero Podemos en Galicia vai camiñar só e esperamos artellar novas alianzas con En Marea no futuro. Ese é o noso desexo. Pero esa decisión terá que ser ratificada polos militantes. Non vai ser como antes, que Podemos se presentaba e logo se facían acordos. Agora é como Iglesias dixo; falar de axenda política e metodoloxía e logo faremos públicos eses acordos e serán refrendados ou non. Aínda que nos queremos que Podemos Galicia siga con esa alianza.

Un tema pendente é a designación do futuro portavoz de En Marea. Pablo, e mesmo ti, anunciaba que se non saía gañador, que dimitía. Cres que tamén Luís Villares ten que liderar o proxecto de En Marea?

No momento no que se aposta por Luís Villares como candidato á Xunta e encabeza unha lista para órganos de dirección pois non imos opinar, pero desde fóra parécenos que é quen mellor pode representar ese espazo político mestizo. 

Cando falas de espazo mestizo a que te refires?

Pois é un partido no que hai xente que ven de distintos sitios. Non é un partido que responda a unha soa sensibilidade. Se xa en Podemos temos moitas sensibilidades, imaxina as que hai en En Marea Podemos aglutina a xente que non estaría nunca só en En Marea e viceversa. Por iso, combinamos tan ben os dous espazos. 

Pero tamén Podemos pode considerarse mestizo?

Si, pero a diferencia de En Marea non hai dobre militancia.

Entón agora a traballar duro, non?

Si, pero con máis tranquilidade porque agora quedou claro o poder do secretario xeral e o do Consello Cidadán e un non pode paralizar o traballo do outro.

Carmen Santos, xunto con Breogán Riobóo e Pablo Iglesias
Carmen Santos, xunto con Breogán Riobóo e Pablo Iglesias
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

8 Noxenta patera,

Nen falar galego sabes, Carmensilla. Vaite para casa

7 retrinco

Estaria bem saber o que votarom os inscritos de Podemos da Galiza na assemblea.

6 ave lasvir

Engraçado o de que En Marea aceptam a dobre militancia mas em Podemos nom. Entom qual eh a segunda militancia de En Marea? A Santos tem toda a pinta de querer dinamitar En Marea desde dentro.

5 FRPU

Bloqueiros que levan traumatizados dende Amio2012 desafoganto, unha e outra vez, as súas frustracións... Groundhog day, o día da marmota.

4 Ferriño

Podemos sitúase fóra de EM coas teses de Santos. Ofrece coalicións no futuro p'rquesabe que Podemos só en Gaiza non pinta nada.

1 Escapemos

Jajajajaja quienes no pintan nada solos son los sobrerepresntados de anova y demás satélites.Alguien duda de que más del 90% de los votos son de Podemos.

2 ranhadoira

os primeiros o iglesias e a santos, que meterom a cola entre as pernas e aceitarom a opçom da marea de se apresentar como partido e nom como coaligaçom pra as autonomicas. e safaram dum naufragio tipo "ciudadanos" visto a candidata que escolhera a santos. umha profesora espanhol-falante pra presidenta da xunta. a santos da vergonha alhea pola sua falta de visom do pais.