O PSOE impulsa unha lei para ter DNI, pasaportes e carnés de conducir tamén en galego

A iniciativa busca que os servizos públicos -páxinas web, información e concursos- estean en todos os idiomas do Estado e que os cidadáns poidan dirixirse á administración en galego, catalán ou vasco e ser contestados nas mesmas linguas que utilizan. Prevé tamén rear un Consello das Linguas Españolas para defender as linguas minoritarias do Estado.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 14/02/2017 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O PSOE rexistrou este luns unha iniciativa para impulsar o recoñecemento do catalán, vasco e galego para a Administración central. A proposición de nova lei orgánica contempla medidas como a obtención do DNI, pasaporte ou permiso de conducir bilingüe en calquera comunidade autónoma e a posibilidade de dirixirse a organismos como a Casa do Rei ou o Tribunal Constitucional nunha lingua cooficial.

Cartel sobre o uso do galego que está nun centro de Panxón e do que Galicia Bilingüe pediu a súa retirada
Cartel sobre o uso do galego que está nun centro de Panxón e do que Galicia Bilingüe pediu a súa retirada

Foi o portavoz do Grupo Socialista no Congreso, Antonio Hernando, e a deputada catalá Meritxell Batet, os que presentaron xuntos no Congreso a Proposición de Lei Orgánica de Recoñecemento e Amparo da Pluralidade Lingüística de España. Unha iniciativa que pretende ser un xesto da xestora do PSOE co PSC en plena revisión de relacións entre a federación catalá e Ferraz.

O obxectivo é que os cidadáns utilicen calquera das linguas cooficiais na súa relación coa Administración. A proposta inclúe políticas de promoción exterior a través do Instituto Cervantes, a tradución das páxinas web da Administración, a creación dun Consello das Linguas Españolas, mecanismos culturais de difusión a través do cinema ou RTVE e unha discriminación positiva a favor dos estranxeiros que coñezan estes idiomas.

Servizos públicos en galego

A iniciativa consagra a obrigación de prestar os servizos públicos -páxinas web, información e concursos- en todos os idiomas do Estado. Os cataláns, galegos ou vascos que, por exemplo, vivan fora das súas comunidades terán dereito a dirixirse á Administración nas súas respectivas linguas. Ademais, os funcionarios que traballen en comunidades con lingua propia deberán acreditar un grao de coñecemento "suficiente e adecuado" para satisfacer os dereitos lingüísticos dos cidadáns.

Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.
Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.

Hernando dixo que "o deber e dereito de coñecer o castelán" non impide que os cidadáns utilicen outras linguas oficiais na súa relación coa Administración central. A proposta lexislativa recolle medidas de protección e fomento tanto no ámbito público como no privado.

Dirixirse en galego á Administración central

O borrador do PSOE prevé a reforma de varias leis que afectan ao poder xudicial e organismos do Estado. As actuacións xudiciais e documentos en lingua cooficial dunha comunidade terán "plena validez e eficacia" sen necesidade de tradución ao castelán. Os escritos procesuais en catalán, vasco e galego achegados ao Tribunal Constitucional tamén gozarán de "plena validez e eficacia xurídica, debendo en todo caso o TC traducilos de oficio ao castelán". A mesma modificación aplicarase ao Tribunal de Contas, o Defensor do Pobo e a Xunta Electoral Central .

A iniciativa propón a creación dun Consello das Linguas Españolas, adscrito ao Ministerio da Presidencia. Este órgano será o encargado de impulsar e coordinar o traballo do Goberno coas comunidades autónomas. O Instituto Cervantes, con case un centenar de centros en todo o mundo, participará activamente na divulgación da "realidade plurilingüística de España". Tamén para os inmigrantes, o estudo e coñecemento de linguas oficiais españois, "será valorado como mérito no proceso de regularización por arraigamento".

No ámbito da cultural e do ensino, o PSOE propón que se favoreza o coñecemento e estudo das linguas cooficiais en todos os ensinos do sistema educativo español. Ademais, contémplase a elaboración dun plan para garantir a efectiva utilización das distintas linguas nas institucións de carácter cultural. E pídese favorecer a tradución, dobraxe e subtitulado de películas, así como a produción de contidos propios nestes idiomas en medios de comunicación públicos como Radio Televisión Española.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 anonimo

Qué bien. ¿O sea que ya vamos a poder ser atendidos en español en la Xunta? y lo del cartel ¿qué pasa? no será que a partir de ahora ya vale insultar a los castellanohablantes ¿no? ¿eso también va en la ley?

1 Basta

a ver payaso/a: a qué oficinas de la Xunta vas tú? En Elviña todos hablas castellano, en San Lázaro en Santiago también hablan castellano, en Pontevedra y Vigo más de lo mismo, no fui a Ourense pero no me extrañaría... Digo yo que ya vale de decir paridas no? O es que vives en Marte? Estoy en contra de la imposición del gallego, pero es que no existe ninguna imposición del gallego, si no la gente estaría obligada a hablarlo. Ya vale de estupideces