Temas: MODA

Como vestían a maioría dos galegos do século XIX e comezos do XX?

As persoas en busca e captura da época son unha importante fonte de información para coñecer a roupa --en moitos casos case farrapos-- que vestían os nosos antergos.

Por Galicia Confidencial | Cerdedo | 14/02/2017 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Os boletíns oficiais das provincias son unha interesante fonte para coñecer as vestimenta que usaban os galegos no século XIX e comezos do XX, sobre todo, cando describían a fuxidos da xustiza. Así, ademais dos trazos faciais e corporais, tamén se engadía a súa indumentaria (“fisonomías y vestido”). 

Traballando na madeira en Betanzos a comezos do século XX
Traballando na madeira en Betanzos a comezos do século XX | Fonte: Matilda Anderson

Que as pezas de roupa fosen significativas para a identificación dos sospeitosos viña corroborar que, naquel tempo, o vestiario da xente do común se reducía á roupa de diario ou “de cotío” (unha vestimenta para todos os días) e, os desafogados, unha muda para os domingos ou días de festa (traxe de gala ou de garda). Dedúcese tamén que cada unha das pezas de vestir só era substituída cando xa non lle quedaba tea para soster máis remendos. En palabras do pobo, os humildes sempre andaban “sucios e rachados”. Pero como eran esas prendas e como eran eses fuxidos?. Máis na web colaboradora Historia de Galicia.

Temas: MODA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta