Os farmacéuticos de Lugo denuncian “desabastecemento” de vacinas contra a meninxite

O presidente do Colexio de Farmacéuticos de Lugo confirma que as vacinas chegan a "contagotas" á provincia e supoñen unha dose para cada tres boticas das 183 farmacias que hai.

Por E.P. | Lugo | 20/02/2017 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

O presidente do Colexio de Farmacéuticos de Lugo, Alejandro Sánchez Pérez-Mel, confirmou que segue o "desabastecemento" de vacinas contra a meninxite que, segundo asegura, chegan a "contagotas" á provincia e supoñen unha dose para cada tres boticas das 183 farmacias en Lugo.

Farmacia
Farmacia | Fonte: Europa Press.

Sánchez Pérez-Mel vinculou que se acentuou esta escasa subministración "como consecuencia de que os laboratorios fabricantes están a ter problemas na fabricación de dous lotes destas vacinas". "Co cal as unidades que chegan ao mercado nacional van ser inferiores ao que cabía esperar", apostilou.

Con respecto a 2016, comentou que o que se recibe nas farmacias "é a terceira parte". "Se xa antes non nos daba para abastecer as necesidades da poboación, agora nos da moito menos", sostivo.

Nesta liña, Pérez-Mel constatou que "agora mesmo non hai para repartir entre todas as oficinas de farmacia da provincia (183) e hai algunha que queda sen elas".

Así, puntualizou que "máis ou menos chegaba unha (vacina) á semana, para cada farmacia, e agora repártese unha entre cada tres oficinas de farmacia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta