Temas: FEIJóO SERGAS

Feijóo compara o Sergas cunha grande empresa na que é normal o cambio de directivos

O presidente galego xustifica os cambios das xerentes co inicio dunha “nova etapa” na sanidade pública. O Sergas suliña que os cargos entrantes son "todos eles médicos, de perfil innovador e con experiencia en postos de xestión sanitaria". O PSdeG celebra os cambios “tras as súas críticas”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/02/2017 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) renovou este xoves os xerentes dos hospitais da Coruña, Santiago, Ourense e Pontevedra. Unha renovación que explica pola adaptación aos "novos retos que a sanidade ten por diante nos próximos anos" e no obxectivo de "impulsar a innovación na xestión".  Pero para o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, este cambio responde ao inicio dunha “nova etapa” na sanidade pública galega que, curiosamente, coincide co xuízo de dous altos cargos polo caso da Hepatite C.

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo comparou a sanidade cunha grande empresa e, de feito, destacou que os hospitais das grandes cidades son “as principais empresas” desas urbes, porque son as que “máis persoal” teñen traballando. “Así que é normal que haxa cambios de directivos porque os que estaban e os novos son os principais directivos das cidades nas que están”, indicou.

Así, destacou que as renovacións de equipos “son normais”, nas empresas, e na administración pública, especialmente, no Sergas, que é, dixo, o organismo que máis recursos públicos consume de Galicia, máis dun 40%.

Feijóo dixo que, a partir de agora, “iniciase unha nova etapa” no Servizo Galego de Saúde. “Hai un conselleiro desde hai un ano, novos retos e máis orzamento”, indicou.  E mandoulle un recado aos novos xerentes; “pídolles traballo e responsabilidade... tamén sorte”. Un consello que chega cando están sendo xulgados dous altos cargos do Sergas pola súa presunta implicación na morte de pacientes de Hepatite C aos que non se lle suministrou medicamento adecuado.

Profesionalidade dos novos xerentes

O presidente galego agradeceu "a dedicación, implicación e traballo" realizado polos xerentes saíntes,  “nunha etapa especialmente complexa para a sanidade por mor da crise económica que ve padecendo o país durante estes últimos anos". E destacou o currículo dos novos; “algúns xa eran xerentes doutros hospitais e outros estagan nun segundo nivel de responsabilidade e agora pasan a un primeiro nivel”, dixo.

Quirófano do Álvaro Cunqueiro, o novo hospital de Vigo
Quirófano do Álvaro Cunqueiro, o novo hospital de Vigo | Fonte: Xunta

As súas explicacións chegaron pouco despois de que o Sergas explicara, a través dun comunicado, que os cambios nesas catro xerencias céntranse en "impulsar a innovación na xestión e a capacidade de adaptación en de o sistema público ás novas necesidades da sociedade, para afrontar retos". Así, suliñou que os profesionais nomeados son "todos eles médicos, de perfil innovador e con experiencia en postos de xestión sanitaria".

O PSdeG, satisfeito

Pola súa banda, o portavoz de Sanidade do PSdeG no Parlamento, Julio Torrado, celebrou as substitucións nas xerencias hospitalarias de Pontevedra e Ourense, á vista da gran cantidade de críticas sobre a xestión das súas xa exresponsables.

En comisión parlamentaria, Torrado aproveitou para valorar o cambio á fronte da área sanitaria pontevedresa apenas dez días despois de que os socialistas pedisen a súa dimisión. Entre críticas á súa actuación "caciquil", lembraron que o seu ascenso á xefatura de servizo de Psiquiatría do CHOP anulouse no xulgado en decembro.

A curmán de Feijóo

No que incumbe ao traslado da responsable do complexo hospitalario de Ourense, Eloína Núñez, curmá do presidente galego, ao centro sanitario compostelán, sinalou que supón "unha vitoria" na cidade das Burgas e "unha derrota" para a capital galega.

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal
Temas: FEIJóO SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 dlacampa

Nesta nova etapa innovadora, van facer algo distinto? Van renovar os paritorios para que os fillos dos presidentes da Xunta nazan nun Hospital Público? Antes dedicábanse os hospitais á elaboración de produtos cárnicos e agora vanse a dedicar, fundamentalmente, á medicina? Ou son elixidos os novos directivos para encamiñen os centros cara á privatización da sanidade pública?

4 unha grande empresa privada

Eh! Xa nin o agochan. Non poderemos dicir que non avisaron cando nos vexamos pagando un seguro privado e sendo rexeitados por idade ou enfermidade. Sobre todo co brillante futuro que agarda ás pensións.

3 EXPAÑA E MERDA

A MONOARQUIA ROUBOU MOITO, FIXERON MOITO MAL, EXPAÑA ESTA CORRUppTEIRA agora non teñen cartos para os enfermos, para os vellos e para os doentes, as listas de espera son tan grandes coma o listin telefónico, os erros médicos se suceden uns tras outros, as epidemias nosocomiales son muitas, a sanidade esta mais viva que nunca co clostridium coa fascitis necrotizante, a xente more entre o abandono - https://www.youtube.com/watch?v=CHG...

2 EXPAÑA E MERDA

A MONOARQUIA ROUBOU MOITO, FIXERON MOITO MAL, EXPAÑA ESTA CORRUppTEIRA agora non teñen cartos para os enfermos, para os vellos e para os doentes, as listas de espera son tan grandes coma o listin telefónico, os erros médicos se suceden uns tras outros, as epidemias nosocomiales son muitas, a sanidade esta mais viva que nunca co clostridium coa fascitis necrotizante, a xente more entre o abandono - https://www.youtube.com/watch?v=CHG...

1 Dr Bacterio

Demostrada no CHUS a incapacidade de Verde Remeseiro, en troques de cesalo e poñelo a traballar, o envían de Xerente para o CHUC. Incrible