Compostela Aberta rebate a La Voz e a El Correo directamente

Fotos da época do PP como se fosen da era de Martiño Noriega e incluso imaxes nas que o alcalde desaparece, como sucedía na URSS. Estes son dous dos exemplos de suposta manipulación informativa que a marea de Santiago denuncia no seu xornal, aplicando unha estratexia sen precedentes no país.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 24/02/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Compostela Aberta (CA) publica un gratuíto propio en papel, O Viso, dende o comezo de lexislatura. Este “xornal municipal de Compostela Aberta” busca contrarrestar os ataques editoriais que recibe o Goberno de Martiño Noriega dende os grandes medios e, asemade, facer propaganda das políticas da marea.

Martiño Noriega en rolda de prensa
Martiño Noriega en rolda de prensa | Fonte: santiagodecompostela.gal

Neste número de febreiro, O Viso  inclúe unha páxina enteira para desmentir varias informacións publicadas polos dous xornais en papel máis populares da capital, La Voz de Galicia e El Correo Gallego. 

Nesta sección “Contrainformación” explícase, por exemplo, que a foto que ilustrou a noticia da Voz “El Valedor do Pobo Reprocha a Raxoi pasividad ante los ruidos de los bares” era de 2014, cando gobernaba o PPdeG. Polo tanto, a pancarta da imaxe co slogan “Hartos de Ruído y Vandalismo, Señor Alcalde ¡Queremos Dormir!” ía dirixida contra Agustín Hernández e non contra Noriega; como se deducía erroneamente, dado que La Voz non puxo un pé de foto que informase que se trataba dunha mobilización da Plataforma Santiago Sen Ruído de hai dous anos.

De El Correo Gallego, CA di que “pasa ao seguinte nivel borrando a Martiño Noriega das fotos, sexa cal sexa o acto ao que acuda ao alcalde”. Como exemplo destas prácticas, frecuente durante o stalinismo, pon a entrega dos premios Spin 2016, no que o xornal recortou a foto de familia pola esquerda xusto no punto adecuado para que non saia o edil, malia que no encadre pola dereita sobra ‘aire’; é dicir, hai un pequeno espazo sen ninguén. 

Esta é unha estratexia de comunicación nova no panorama político-mediático galego. Até esta lexislatura, ningunha forza atrevérase a cuestionar directa e publicamente a credibilidade de determinados xornais. 

Foto da presentación do Spin2016 na edición impresa de El Correo e outra imaxe dese mesmo intre
Foto da presentación do Spin2016 na edición impresa de El Correo e outra imaxe dese mesmo intre | Fonte: oviso.gal

Certo é que o BNG ten cargado en varias ocasións especificamente contra La Voz, pero sempre de portas cara dentro, só nas súas comunicacións aos militantes para explicar os seus reveses electorais. Na capital do Estado hai algo parecido, pero a nivel institucional. O Goberno de Ahora Madrid lanzou unha sección na web pública, MadridVO, na que vai desmentindo as informacións que cree erróneas da prensa local, a miúdo dos conservadores La Razón e ABC.

MadridVO foi recibida con moitísima polémica nos medios, mentres que da sección “Contrainformación” d’O Viso está a suscitar menos controversia política.  “Contrainformación” está presente dende os primeiros números d’O Viso e daquela centrábase sobre todo en desmentidos a El Correo. 

Cómpre lembrar que CA e o xornal conservador manteñen un enfrontamento aberto dende o inicio da lexislatura. Unha dialéctica que culminou na denuncia do xornal conservador contra o alcalde nos xulgados. Noriega tivo que declarar como investigado ante a xuíza por esta denuncia. Malia isto, tanto o medio denunciante como a competencia e os partidos locais están pasando de puntillas sobre o asunto.

Imaxe dunha nova da Voz de 2016 e dunha entrada de 2014 do blog da Plataforma Santiago Sin Ruido
Imaxe dunha nova da Voz de 2016 e dunha entrada de 2014 do blog da Plataforma Santiago Sin Ruido | Fonte: oviso.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

15 teresa

Xa me gustaría q o "correo galego do PP" fora tan contundente cas actuaccións vergoñentas e delictivas dos gobernos anteriores. Por poñer un exemplo: Conde Roa, que estafou mais de 300.000 Euros do IVA da súa empresa constructora. É ademais, cando era alcalde paseabase pola Rua de San Pedro, de local en local, as 16-17-18H tomando chupitos é intentando pagar co billetes de 500 EURAZOS..

14 Antinostrus

Sí Sí...Xerardo Estevez o dos Pelotazos do Restrollal-Corte Inglés e Galeras e o creador, por omisión, dos Adefesios Urbanísticos de Milladoiro, Bertamiráns e Cacheiras,,,,,menudo paxaro estas ti feito......

13 Rafa Cubatas

Que ben que o faga directamente e non a traves de intermediarios como Cidadanía de Amigos Meus SL

12 Guillerme Gintonic

La Voz agora está en campaña permanente a prol de Ana Poltrona

11 Nefelibata

Por certo, que altura argumentística a dos seus defensores aquí! O insulto e a descualificación... Deben pensar que estamos nun plató das teles esas que tanto defenden aos seus amiguiños madrileños... Nunca vos preguntastes por isto? Pensades que alguén que implicase cambio algún ía ter esa presenza mediática ou deixastes aparcada a lóxica ao lado dos ideais? Ideias, ai, si, xa lembro vós sodes marxianos, de Groucho: "Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño... outros". En fin, un novo exemplo dese ilusionismo de fume e cristais ao que tan afeccionados son unidos ao infantilismo "progresista- caviar" e a busca dunha presenza mediática que son incapaces de conseguir, porque Beiras xa non lle importa a case ninguén e eles son grises, moi grises, malia que tenten aparentar o contrario con pirotecnia verbal... Levades no pecado a penitencia.... Mágoa polos vosos cidadáns, pero as cidades teñen os gobernantes que merecen, coma os pobos.

1 FRPU

Non hai nada malo en ter amigas madrileñas. En Madrid hai moi boa xente, obreira, antifascista e solidaria. Madrid non oprime Galiza, quen nos oprime é España. Pero como no BnG sodes uns covardes e nunca seredes independentistas tedes que empregar a metonimia eufemística "Madrid" para non lle chamar ao problema de Galiza polo seu verdadeiro nome: "España". Repite comigo blocallo, Es-pa-ña.

2 Nefelibata

Oh, grazas pola túa amabilidade e cordialidade, pero teño que aclararche que eu non son do bloque. Nunca entraría nun club, coma Groucho Marx, que me quixese aceptar e cando tiña interese só daban a benvida a algunhas e algúns dos que despois se acabaron escindindo. Xa sabes, os teus chachiguaycompis. Eu son marxista-libertaria...