Temas: IDIS SAúDE

Piden axuda para situar a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica

O Grupo de Oncoloxía Médica do IDIS detaca que recadou ata agora máis de 170.000 euros que proveñen da suma de achegas particulares, colectivos sociais e pequenos negocios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2017 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) realizou un chamamento especial ás grandes empresas e organizacións galegas: "Necesitamos da súa xenerosidade e da súa implicación na causa para alcanzar o noso obxectivo e conseguir situar a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica".

Tratamento de cancro mediante hipertermia
Tratamento de cancro mediante hipertermia | Fonte: Dr. Sennewald Medizintechnik GmbH

Nun comunicado, Oncomet manifestou o seu agradecemento aos máis de 1.700 doantes que participaron ata o momento na campaña, así como aos medios de comunicación, famosos, entidades, colectivos e aos miles de persoas que a apoian.

A este respecto, o director de Oncomet, o doutor Rafael López, precisou que, ata o momento, a cantidade recadada, máis de 170.000 euros, provén da suma de achegas particulares, colectivos sociais e pequenos negocios. Por iso, fixo un chamamento especial ás grandes empresas e organizacións galegas.

"Necesitamos da súa xenerosidade e da súa implicación na causa para alcanzar o noso obxectivo e conseguir situar a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica", subliñou Rafael López.

A biopsia líquida, que Oncomet cualifica como unha "nova e revolucionaria" técnica de loita contra o cancro, permitiría "adiantar o diagnóstico e tratar a enfermidade en estadios máis temperáns, seleccionando mellor os tratamentos".

Temas: IDIS SAúDE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta