Porque contrata o Xacobeo 2010 ao Sonar?

Roberto Varela incorporou como responsable de márketing do Xacobeo 2010 á catalá Gloria Sallent. Na programación, un dos poucos eventos relevantes confirmados é unha 'sucursal' na Coruña do Sonar, o festival de música electrónica de Barcelona.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/12/2009 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

None

Resulta que Sallent, unha das persoas que influíu na incorporación do Sonar ao  Xacobeo, traballou polo menos doce anos na organización do festival. De feito, no sector da comunicación da capital catalá é coñecida como “Gloria de Sónar”, segundo ela recoñece no seu perfil na páxina Urban Junkies.

“Especialista en youth-culture marketing e organización de eventos”, a labor de Sallent no Xacobeo foi xa criticada en dúas ocasións.

Os anuncios do Xacobeo faranse en Madrid

En primeiro lugar, por motivo da adxudicación do contrato para facer os anuncios. Foron 543.000 euros para a axencia madrileña Ruiz Nicoli. Unha escolla que molestou a moitos publicistas do país, que non entenden como unha axencia foránea pode ser escollida para vender os atractivos de Galicia.

Ruiz Nicoli gañou o concurso gracias a que o tribunal, no que Sallent actuou como asesora de comunicación, deulle 45 puntos en concepto de orixinalidade, fronte a 34 da segunda clasificada, segundo publicara ANT.

Contratar a Google non saíu ben

A segunda polémica é a contratación doutra firma foránea, neste caso a americana Google para que incorporase o Camiño Francés ao seu rueiro en 3D Street View.

Despois de que Feixóo gabaran a ferramenta con frases como “Google transforma aos internautas en peregrinos", a edición galega de El País revelou como en realidade a multinacional limitarase a filmar parte do camiño dende a estrada.

Sallent tivo que sair finalmente a dar a cara e recoñecer que o Goberno pediu explicacións a Google porque sentíase enganado xa que “facer o camiño para nós non é facer a carretera”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 chua

A pregunta debería ser ¿Con qué obxectivo contrata Feijóo?. Pois a resposta é evidente. Feijóo está adiantando apoios, comprando apoios nas empresas de fóra con epicentro en Madrid, para amortizalos despóis e cumplir o seu obxectivo de liquidar a Rajoy e entrar él na Moncloa. As adxudicacións a grupos empresariais que o poidan empurrar cara o sillón madrileño son claras. A él dalle igual fundir todo o tecido empresarial galego. O obxectivo é a presidencia. Coste o que coste. Caia quen caia. Ao prezo que sexa. O Xacobeo é unha parte da caixa ao servizo persoal dunha carreira ambiciosa e perfectamente calculada dunha persoa cuia frialdade xea día a día o horizonte de Galicia.

4 bobesponxa

Todo para Coruña, sarna para los demás.

3 Koyi

El Sonar es el mejor evento de música electrónica que hay en España,con una calidad excepcional, arriesgado e incluso avanzado en su tiempo, deberiamos de estar agradecidos porque va a atraer miles de visitantes y tener una repercusión mediática sin precedentes, además de mejorar la imagen y el criterio musical de galicia y se critica? Sabeis los años que se necesitan para tener la imagen que ellos tienen y lo que han conseguido? Los datos: 35.000 pax sonar día, 39.000 pax sonar noche....Los que hemos visto crecer al Sonar nos rendimos ante el gran evento que ha sabido combinar el día y la noche, los espacios abiertos y cerrados y sobre todo el criterio musical que se ha mantenido año tras año trayendo a nuestro país propuestas siempre interesantes. Larga vida al Sonar Galicia, y gracias a todo el equipo del Xacobeo.

2 anonimo

Vaia novidade, é a súa máxima aplicada ao seu xeito de entender a xestión dos asuntos e do diñeiro dos cidadáns: xestión privada (ou sexa recortar en prestacións, soldos e calidade) para que se aproveite un amigo a cambio de...

1 finife

Esto es lo de siempre, caciquismo, amiguismo... y no digo que no se pueda ayudar a los amigos, y que si puedes trabajar con un amigo, mejor que mejor. Lo que no es de recibo es que adjudiques partidas de los ciudadanos a los amigos simplemente por ese motivo. En igualdad de condiciones, por qué no trabajar mejor con un amigo. Pero además el amigo tiene que responder y ser serio, no venir solo a poner el cazo. Lo que estoy viendo en el Xacobeo 2010 por ahora, un rotundo fracaso: la web del Xacobeo deja bastante que desear (la concesión cuando menos sospechosa), el acuerdo con Google de risa y la oscura relación entre Gloria Sallent, el Sonar. En fin, a esperar acontecimientos, pero no pinta nada bien.