O Parlamento quere seguir o exemplo dos países nórdicos

A Cámara promove a reanimación nas escolas. Lembra que unha nena formada en reanimación conseguiu salvar a súa avoa tras avisar ao 061 e seguir as indicacións do persoal de emerxencias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2017 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

Formar novos 'cardio anxos' e ampliar a rede de voluntarios preparada para actuar ante un caso de morte súbita e manexar un desfibrilador é o obxectivo da xornada organizada polo Parlamento de Galicia, que tamén aspira a que a reanimación se ensine nos colexios, seguindo o camiño emprendido en países nórdicos con "resultados espectaculares".

Miguel Santalices nunhas xornadas sobre reanimación no Parlamento de Galicia
Miguel Santalices nunhas xornadas sobre reanimación no Parlamento de Galicia | Fonte: EP

Deputados, persoal do Pazo do Hórreo e xornalistas que habitualmente cobren información parlamentaria participaron este luns na xornada de reanimación cardiopulmonar e manexo de desfibrilador externo semitaumático, que se reeditará o venres dado o éxito da convocatoria organizada polo Parlamento e coordinada polo cardiólogo José Ramón González-Juanatey.

"Parecíanos oportuno enviar unha mensaxe desde o Parlamento e queremos pedir a colaboración das Consellerías de Educación e Sanidade para estender a formación entre a poboación máis nova", trasladou o xefe do Lexislativo, Miguel Santalices, médico de profesión. Tras el tomou a palabra o responsable da carteira sanitaria da Xunta, Jesús Vázquez Almuíña, quen remarcou que xa hai iniciativas en marcha promovidas polo 061 e a área educativa.

De feito, exemplificouco caso dunha nena formada en reanimación que, tras avisar ao 061 e seguindo as indicacións do persoal de emerxencias, foi capaz de salvar á súa avoa. Nunha breve charla previa ao arranque formal do curso, o doutor Juanatey exemplificou co éxito de iniciativas de formación en Suecia e Piacenza.

En España, apuntou que morren de forma súbita ao ano, debido a afeccións como os infartos, unhas 40.000 persoas --entre 3.000 e 3.500 en Galicia-- e manifestou a súa convicción de que, con cursos de formación, a supervivencia podería elevarse un mínimo do 5 ao 15 por cento. Nos países nórdicos, a taxa é de entre o 20 e o 30 por cento.

Na xornada parlamentaria non faltaron as anécdotas. E é que arrincaron a parte práctica Santalices e o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen conseguiron salvar ao 'paciente' --un maniquí de goma--. Na quenda de Leiceaga, non faltaron as bromas e houbo quen lle instou a imaxinar que o 'paciente' era Pedro sánchez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta