A vespa velutina chega ás Illas Cíes

Axentes ambientais do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia retiran varios niños desta especie invasora.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/03/2017 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

A vespa velutina tamén se asentou nas Illas Cíes. A especie asiática invasora, que ameaza a supervivencia das especies autóctonas, foi detectada en diversos puntos do Parque Nacional, polo que foi necesario poñer en marcha un plan para erradicala deste espazo natural.

Operarios do Parque Nacional Illas Atlánticas traballan para eliminar niños de vespa velutina nas Illas Cíes
Operarios do Parque Nacional Illas Atlánticas traballan para eliminar niños de vespa velutina nas Illas Cíes | Fonte: Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

O organismo público que xestiona o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia publicou varias imaxes e un vídeo do traballo que están a realizar varios axentes ambientais nas Cíes para eliminar este insecto de orixe asiática retirando os seus niños.

A ameaza deste insecto invasor acendeu as alarmas en Galicia. Só durante o pasado ano técnicos da Consellería do Medio Rural retiraron máis de 8.500 niños de vespa velutina, unha cifra que supera amplamente aos retirados o ano anterior.

Niño de vespa velutina nas Illas Cíes
Niño de vespa velutina nas Illas Cíes | Fonte: Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta