Temas: SAN JOSé

O Grupo San José comeza a saír da crise

A construtora de Jacinto Rey obtén un beneficio de 8,1 millóns en 2016, un 11% máis que o pasado ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2017 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

Grupo San José obtivo un beneficio despois de impostos de 8,1 millóns de euros no exercicio 2016, o que representa un incremento do 10,96% con respecto ao ano anterior. Un crecemento económico que se produce logo de anos difíciles nas que a construtora tivo que afrontar unha importante crise, sobre todo, na súa división inmobiliaria.

Jacinto Rey, no lanzamento a bolsa da construtora San José
Jacinto Rey, no lanzamento a bolsa da construtora San José

A cifra de negocio ascendeu a 613,4 millóns e o resultado antes de intereses e impostos (Ebitda) foi de 45,9 millóns, segundo informou a empresa a través dun comunicado de prensa. O 59% dos ingresos que obtén o grupo proveñen de mercados internacionais, e, segundo destaca San José, a liña de negocio de construción continúa sendo a principal actividade do grupo, ao representar o 88% do total das vendas.

De feito, o Ebitda da actividade de construción situouse en 33,3 millóns, co que mellorou un 58,5% o obtido no exercicio anterior. A marxe de Ebitda desta actividade foi do 6,2% sobre as vendas.

As vendas da área de construción internacional supoñen un 61% do total desta liña de negocio, mentres que no mercado nacional incrementáronse un 18,5%. No seu conxunto, a liña de negocio de construción creceu un 21,5%.

Así, a carteira da área de construción creceu un 11,2% con respecto ao peche do exercicio 2015 ata alcanzar os 1.134 millóns de euros. Pola súa banda, ao peche do presente exercicio, Grupo San José conta cunha carteira contratada total de 1.889 millóns de euros, dos que o 54% corresponden a contratos no exterior.

Por último, San José apunta que a débeda financeira neta do grupo a peche do período situouse en 97,1 millóns de euros, o que representa unha diminución do 41,9% con respecto á existente ao peche do exercicio 2015.

Temas: SAN JOSé
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta