Investigan outro ataque ao busto de Fraga en Vilalba

O alcalde apunta a tres persoas que "vestían de negro e ían encapuchados" e que pintaron tamén a sede da fundación que leva o nome do fundador do PP.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2017 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

A Guardia Civil mantén abertas varias liñas de investigación sobre un novo ataque con pintura ao busto de Fraga en Vilalba (Lugo) e unhas pintadas realizadas á sede da fundación que leva o seu nome. Sobre as pescudas, barallan a vinculación de grupos radicais do País Vasco.

Pintada no busto de Manuel Fraga en Vilalba.
Pintada no busto de Manuel Fraga en Vilalba.

Na fachada do edificio apareceron os retratos dos cinco falecidos durante o desaloxo pola Policía Armada o 3 de marzo de 1976 da Igrexa de Francisco de Asís no barrio vitoriano de Zaramaga. Ademais localizouse unha pintada, que foi eliminada xa, na que se lía 'Oroimenetik gara penera' ("Sobre a memoria").

O alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, precisou que neste ataque, que non é o primeiro que sofre a estatua do fundador do PP, si que se produce unha "variable" nova ao rexistrarse durante o día.

Respecto diso, precisou que "ata agora os ataques facíanse con nocturnidade". Neste caso, tivo lugar o xoves sobre as 18,00 horas e á vista de xente en Vilalba que, "por primeira vez comprobaron in situ os acontecementos", segundo afirmou.

Eran tres persoas que "vestían de negro, e ían encapuchados", segundo indicou. "Tiraron un bote de pintura ao busto e fixeron unha pintada en eúscaro na fachada da fundación", describiu. "Desde a investigación, que leva a Guardia Civil, non se descarta unha autoría dende o País Vasco", segundo subliñou.

Pintadas na sede da fundación dedicada a Manuel Fraga.
Pintadas na sede da fundación dedicada a Manuel Fraga.

Baamonde ten claro que "se tratan de denigrar a figura de Fraga o que están a facer é darlle cada vez máis realce". "E quen recorre a eses medios para facerse ouvir carece completamente de argumentos e non teñen capacidade para participar na vida política", lamentou.

"CONTÍA ESCASA"

A pintada xa foi eliminada, segundo concretou o alcalde de Vilalba, quen tamén asegurou que os danos rexistrados "son dunha contía escasa".

Respecto diso chanceou ao advertir que o Concello "se está especializando en actuar rapidamente" ante eses ataques sufridos. "Primeiro deulles por arrincar o busto do pedestal, despois arrincar o pedestal e agora tómana coas pintadas no edificio que alberga a fundación, que está situada fronte ao busto de Fraga", comentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Fin do Milladoiro

Para cando empezamos a retirar os bustos e rúas dedicados ao cacique pintamonas de Rianjo, chamado Castelao, notorio homófobo e colaborador necesario da Fronte Popular, responsable esta do asasinato de miles de relixiosos e decenas de miles de persoas máis en toda España?

1 raticida contra o expañol

Deixa de falar en ANDALUSI, asasino franquista do carallo 29, e vai para casa que tes muller sin botarlle un polvo desde o 18 de xullo, que a tes moi abandoada e anda recurrindo a todo a macherio da rua, que sae polas ruas sin bragas a moi ninfomaníaca .... NON ERAN RELIXIOSOS ERAN CATOLICOS FILLOS DE SATANAS!!! (que vergonza marcho un día enteiro a traballar e os atopo facendolle espazo a ratas do fascio)

1 Rouco

En aplicación da Lei de Memoria Histórica, hoxe é o 3 de Marzo aniversario da matanza de Vitoria da que Fraga foi protagonista, debían retirala para sempre

1 burrerio indocumentado

outro ignorante.... non foi o ogro fragrandon autor da masacre... fraga ministro do interior daquelas estaba en Londres pedindo apoio político e cartos para facer un partido (despois seria AP) de corte liberal-conservador, pois o ogro fragandron era rexeitado tanto por ousdeistas (sacrílegos satanases anticristianos masones e xudaicos) como por cristiano-demócratas O QUE ESTABA O FRENTE NESES MOMENTOS NO MINISTEIRO DO INTERIOR ERA ADOLFETE SUAREZ!!!! pero claro leña o galego e o castelan nada!