Temas: LUGO REFUXIADOS

Lugo, provincia solidaria cos refuxiados

O Concello da capital lucense ofrece os pisos de emerxencia dos que dispón e o albergue municipal para acoller a estas persoas.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 04/03/2017 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

A provincia de Lugo sumouse á iniciativa de Amnistía Internacional a prol das persoas refuxiadas co acto 'Lugo, provincia acolledora coas persoas refuxiadas', organizado na capital lucense.

Este home refuxiado en Idomeni faise cargo dos seus fillos e de dous cativos máis orfos
Este home refuxiado en Idomeni faise cargo dos seus fillos e de dous cativos máis orfos | Fonte: Miguel Núñez.

O Concello ofreceu os pisos de emerxencia dos que dispón e o albergue municipal para acoller refuxiados ante a situación humanitaria de emerxencia xerada pola guerra e outras catástrofes, para proporcionarlles unha vivenda digna

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, xunto a outros membros da Corporación Municipal, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a deputada de Benestar, Sonsoles López, participaron este sábado no acto que organizou Amnistía Internacional na Praza de San Marcos.

Durante o acto, a xornalista Ana Expósito leu un manifesto reivindicando a figura dos refuxiados, e o grupo de teatro Palimoquiños e o Coro Moderno da Escola Municipal de Música realizaron varias actuacións. 

Para rematar, a refuxiada mexicana, Leonor Peralta, que vive en Lugo dende hai dous anos, cortou a cinta que inaugura simbolicamente a Lugo como provincia acolledora de persoas refuxiadas. Durante todo o día realizáronse actos similares en concellos e cidades de toda Galicia e España.

Lugo amosa a súa solidaridade coas persoas refuxiadas
Lugo amosa a súa solidaridade coas persoas refuxiadas | Fonte: Concello de Lugo.

Temas: LUGO REFUXIADOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 un lucense

Hace unos años las cosas me iban y mal y me libré de emigrar gracias a la solidaridad familiar. Amigos míos que no tuvieron la misma suerte que yo acabaron por hacer las maletas e irse; algunos, al extranjero. Y ahora tenemos que ayudar a gente de fuera: con nuestros impuestos y sin consultarnos. A mis amigos y a mí que nos den; y para añadir el insulto a la herida, a quienes discrepamos se nos tacha de racistas, xenófobos y demás lindezas. Luego gana Trump en Estados Unidos las elecciones, o lo hace dentro de unos meses Le Pen en Francia, y el progrerío se lleva las manos a la cabeza.

5 A pastar

A excepción de la mujer de delante (que es la mejicana), ninguno de los restantes tiene a ningún "refugiado" en su casa. Pagan puntualmente sus recibos y disfrutan de condiciones económicas que no tienen otros lucenses. Sin embargo, se tiende a contagiar un sentido de culpabilidad no correspondido entre la población, para acabar con problemas de otra gente. Tengo familiares (ya fallecidos) que huyeron de una guerra civil a otro país y no le dieron techo y comida nada más llegar. Hay personas que emigran con una mano delante y otra detrás, sin esperar ningún tipo de ayuda en el país de destino. Hay víctimas de terrorismo que no tienen la ayuda que dan a la mejicana. Que no vengan con estas cosas a estas alturas, porque lo de la foto es un insulto a la inteligencia de los demás. ¿De dónde sale la pasta que da la Diputación, si aún no han hecho las cuentas para otras cosas? Esto cheira que apesta.

4 RAMIRO DE YOLI

E o alcalde que defende os contratos con Arabia Saudí, cantos refuxiados pensa acoller?

3 Lucense bo

Unha vergoňa. A alcaldesa podería dar exemplo poňendo a súa casa a disposición dos refugiados. Pero claro, é mais doado facer caridade co diňeiro dos demáis

2 Galego

Gustariame saber cantos refuxiados ten a alcaldesa na sua casa, a solidariedade esta moi ben, pero a sensacion e que parece que so hai axudas para os romais e refuxiados???, os galegos a emigrar e durmir e barracas polo mundo. Hai que axudar, pero a todos, incluido os galegos.