Científicos á procura de larvas de pescada entre Fisterra e Ribadeo

O buque oceanográfico 'Sarmiento de Gamboa' parte de Vigo para iniciar a primeira campaña DREAMER, co obxectivo de analizar os procesos ecolóxicos do recrutamento de pescada europea.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/03/2017 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

A primeira campaña do proxecto DREAMER para analizar os procesos ecolóxicos do recrutamento de pescada europea (Merluccius merluccius) comezou hoxe, coordinado entre o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo, o Institut Mediterrani d'Estudis Avançats, tamén do CSIC, e a Fundación AZTI

Buque oceanográfico 'Sarmiento de Gamboa'
Buque oceanográfico 'Sarmiento de Gamboa' | Fonte: IIM-CSIC.

Durante dúas semanas, o buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa percorrerá augas galegas, entre Fisterra e Ribadeo, para a recollida de datos e mostras (zooplancton, xuvenís, condicións oceanográficas, acústica...), sobre a plataforma continental de Galicia. Os científicos buscan analizar os procesos ecolóxicos de recrutamento da pescada, desde a produción de ovos até a fase na que a especie é recrutada definitivamente á poboación.

O proxecto, financiado por el Plan Estatal de I+D+I, busca determinar a abundancia e os patróns de distribución espacial de ovos e larvas de pescada a partir dunha mostraxe sistemática; recoller mostras biolóxicas de larvas, postlarvas e xuvenís de pescada para a súa análise posterior en terra, a partir da mostraxe sistemática e adaptativa; facer unha estimación da distribución e biomasa do zoo- e ictioplancton total e a súa relación co ctioplancton; realizar o varrido acústico da área de estudi, para estimar a distribución e abundancia no conxunto dos transectos; caracterizar as condicións meteorolóxicas e oceanográficas predominantes durante o periodo da mostraxe, e determinar a taxa de dispersión de larvas mediante o estudo lagranxiano utilizando boias oceánicas de deriva (ODI).

Área de estudo da campaña DREAMER sobre recrutamento de pescada
Área de estudo da campaña DREAMER sobre recrutamento de pescada | Fonte: IIM-CSIC.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta