Percorrendo os lugares dos grandes crimes de Santiago

Un roteiro cultural, dentro dos actos da segunda xornada do Festival Atlántica 2017, visitará os escenarios da crónica negra da capital galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/03/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

“No rueguen a Dios por él”. Con este nome o profesor, xornalista e divulgador Manuel Gago acaba de poñer en marcha unha interesante iniciativa en Santiago de Compostelana que se converterá no guía dun roteiro inédito, o dos grandes crimes da cidade.

Manuel Gago co ilustrador Manel Cráneo
Manuel Gago co ilustrador Manel Cráneo | Fonte: Soledad Felloza

Esta novedosa iniciativa terá lugar na segunda xornada do Festival Atlántica 2017, que se desenvolverá este xoves 16 de marzo. Neste roteiro, Gago vai lembrar os crimes máis célebres que aconteceron na cidade. A organización programou unha nova sesión para o venres 17, tras o éxito da primeira convocatoria.

“Este roteiro é un convite para viaxar no espazo e no tempo, desde os anos 80 ata os mesmos inicios da Idade Media, para coñecer Compostela desde unha perspectiva distinta: a da súa crónica negra”, apuntou Gago. 

Unhas horas máis tarde será a quenda dos ‘Cuentos poco edificantes’ de Pablo Albo. Esta función, de carácter gratuíto, é posible grazas á colaboración da Concellaría de Mocidade, Deporte e Benestar Animal do Concello de Santiago. Trátase dunha colección de historias destinadas ao público adulto onde se mesturan o medo e o riso, as mentiras e as verdades, o sal e a pementa, sen esquecer o humor e un chisco de erotismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta