Sanidade, contra o comercio legal do cannabis

O conselleiro argúe que non existen "razóns sociais nin de saúde" para permitir a venda legal desta substancia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2017 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, destacou este xoves que non existen "razóns sociais nin de saúde" para favorecer un comercio legal do cannabis, como pretenden os promotores deste mercado. "O seu único afán é o enriquecemento a conta da saúde dos nosos mozos", dixo no marco da súa intervención na inauguración do I Xornada galega de Actuación en Adiccións, organizada en Santiago.

Manifestación pola legalización do cannabis
Manifestación pola legalización do cannabis | Fonte: AVE María Facebook

Almuíña argumentou que "a evidencia científica"a demostra que o cannabis, que representa a droga ilegal de maior consumo no país, é unha substancia psicoactiva que pode provocar adicción e que xera problemas de saúde entre os seus consumidores, especialmente se se inician en idades temperás. 

O conselleiro manifestou que, aínda que a normativa actual non penaliza o consumo privado, é necesario, a xuízo do conselleiro, diferenciar entre iso e normalizalo. Así, destacou que existe unha relación directa entre a tolerancia social e as prevalencias de consumo entre a mocidade.

"Coñecemos ben a asociación do consumo de cannabis nestas idades con alteracións no desenvolvemento do sistema nervioso central, fracaso escolar e outras anomalías. Se lle engadimos, ademais, outros problemas como as psicoses, incluíndo a esquizofrenia, os accidentes de tráfico ou as condutas sexuais de risco, podemos ter unha imaxe clara do problema ao que nos enfrontamos", sostivo o titular de Sanidade.

EFECTO TERAPÉUTICO

Sobre o efecto terapéutico do cannabis, indicou que a prescrición dunha terapia farmacolóxica é competencia dos profesionais sanitarios e lembra que calquera fármaco debe ser posto en mercado seguindo as canles de avaliación de eficacia e seguridade que marca a normativa.

Sanidade lembra que no arsenal terapéutico legal hai soamente un fármaco que usa principios activos do cannabis, cunha indicación precisa autorizada na súa ficha técnica, para a esclerose múltiple.

CONSUMO

Segundo os datos achegados, máis do 35 por cento da poboación galega de 15 a 65 anos recoñece consumir algunha vez cannabis na súa vida, e o 2,1 por cento faino a diario.

En canto á poboación de 14 a 18 anos, a enquisa 'Estudes' revela que máis do 13 por cento dos adolescentes galegos recoñeceron consumir esta sustancia nos 30 días anteriores ao momento de ser entrevistados.

Almuíña tamén sinalou que o alcol supón outra sustancia que preocupa á Xunta, tanto pola súa elevada taxa de prevalencia de consumo como polo seu impacto na saúde e os problemas a curto, medio e longo prazo que causa na mocidade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta