“A xustiza española precisa de cadáveres, feridas sangrantes, seme en vaxinas...?”

O TS deixa libre a un condenado a 44 anos por violar as súas tres fillastras. Unha delas pide axuda para levar a este home novamente a prisión. O avogado defensor di que "sempre" confiou na inocencia do acusado e que se fixo un "uso perverso" da Lei de Violencia de Xénero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2017 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

"Lo han absuelto, y lo más seguro es que sea por falta de pruebas... lo que me pregunto yo es qué c..... de falta de pruebas va a ser eh?... unas niñas desgarradas??? Me cago en la ...!!!. Y yo me pregunto, será que la justicia española sigue necesitando cadáveres, heridas sangrantes, semen en vaginas heridas para entender que estamos hablando de violación?. Necesitamos ayuda, gente, pancartas, medios... me importa una mierda!! ahora mismo soy yo la que quiere mover cielo, mar y tierra. Ahora la que va a luchar va a ser ella (Patricia), pero yo también voy a estar con ella!... necesito ayuda, necesito que esto se sepa en todo el mundo!"

Protestas de Stop Desafiuzamentos durante un xuízo por violación
Protestas de Stop Desafiuzamentos durante un xuízo por violación | Fonte: Stop Desafiuzamentos

Esta é a mensaxe que María, a filla máis vella de Patricia, lle enviou a StopDesafiuzamentos. María e as súas dúas irmáns denuncian que sufriron abusos e violacións durante 12 anos por parte do ex compañeiro sentimental da súa nai, Patricia. Pero, este veciño da Baña (A Coruña) Pedro Raño Espasandín, que levaba en prisión desde o 28 de novembro do 2014, saíu o xoves da prisión coruñesa de Teixeiro ao ser absolto polo Tribunal Supremo.

Así, o fallo do Alto Tribunal revoga a condena que lle impuxo a Audiencia Provincial da Coruña, que o condenou a 44 anos de prisión, como autor de tres delitos continuados contra a liberdade sexual por violar ao seu tres fillastras. Tamén fora acusado de violar á súa muller e á súa filla.

No xuízo que se celebrou os días 6, 7 e 8 de setembro de 2016 considerouse probado que este veciño da Baña de 47 anos estivera abusando durante máis dunha década das tres fillas da súa esposa. "Aínda que desde o principio foi acusado de maltratar e abusar tamén da súa muller e da única filla en común, por entón de tres anos, foi absolto no xuízo destes execrables delitos, ao non haber probas, pero o tribunal coruñés decidiu condenalo por violación e malos tratos ás súas 3 fillastras, a pesar da ausencia de indicios probatorios", segundo sostén o seu defensa.

Caso moi mediático

A causa, que no seu momento creou alarma social e que convocou a manifestarse a varias asociacións como Stop Desafiuzamentos e outras en defensa das mulleres maltratadas na porta da Audiencia Provincial da Coruña durante a celebración do xuízo, "quedou pechada coa completa absolución de todos os cargos que se lle imputaban", segundo resalta a defensa deste home, tras a decisión do Tribunal Supremo.

En concreto, no auto de posta en liberdade con data de 16 de marzo, recollido por Europa Press, sinálase que "se estimou o recurso de casación decretando a libre absolución do procesado polo tres delitos continuados contra a liberdade sexual polos que viña condenado".

Por iso, a Audiencia Provincial da Coruña indica no auto de posta en liberdade, que "debe cesar a situación de prisión provisional acordada polo Xulgado de Instrución Número 1 de Negreira o 28 de novembro de 2014" e prorrogada por auto da Sección 10 de outubro de 2016.

"Procede deixar así mesmo sen efecto as penas de prohibición de aproximación e de comunicación acordada na sentenza", segundo concreta a Audiencia Provincial da Coruña.

Sen probas, segundo o avogado defensor

O avogado defensor Kostka Fernández, do despacho KNM Avogados, lembrou que defendeu desde o inicio "a ausencia de probas e que se estaba cometendo unha gran inxustiza, dando credibilidade a unhas simples declaracións, fronte a unha abafadora cantidade de probas que demostraban a inocencia de quen levaba en prisión dous anos".

"Non foi fácil loitar contra todo e contra todos, pero o convencemento de que se estaba vulnerando a presunción de inocencia e de que se estaba cometendo unha gran inxustiza, animou ao despacho a defender a quen considerabamos inocente", manifestou o letrado coruñés.

Deste xeito, o letrado subliñou que "sempre insistiu en que se estaba facendo un uso perverso da moi necesaria Lei de Violencia de Xénero e lamentou o dano que fai ás mulleres maltratadas cando se presenta unha denuncia falsa".

A sentenza condenatoria foi recorrida en casación ao Tribunal Supremo e o xoves día 16 emitiuse un auto no que ordenaba a súa inmediata saída de prisión. De feito, o Tribunal Supremo reuniuse pola mañá e á tarde Pedro Raño puido abandonar a prisión e acudir á Coruña a cear co seu avogado.

"Sempre crin na inocencia do meu patrocinado, só así tiven a forza de defender a quen estaba acusado de horribles delitos, algo que non foi fácil", dixo. "É moi duro loitar coa presión que existía, especialmente cando os crimes abren telexornais nacionais e centenares de persoas maniféstanse nas portas do Tribunal, pero se un está convencido de que o seu cliente é inocente, todo esforzo merece a pena", afirmou tras a posta en liberdade do seu defendido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta