Inician unha campaña para mellorar as condicións laborais dos perruqueiros

CCOO esixe o incremento salarial e a redución de xornadas neste sector e inicia unha campaña de información e presión, mesmo con denuncias na Inspección de Traballo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/03/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Os perruqueiros e perruqueiras tamén loitan por mellorar as súas condicións laborais. Por iso, a Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia inicia unha campaña baixo o lema «esixe o teu salario e xornada, é o teu dereito». A iniciativa, que combina información ao persoal con medidas de presión —como denuncias na Inspección de Traballo—, reivindica a aplicación tanto dos incrementos salariais como das reducións de xornadas a que obriga o convenio estatal de perruquerías, unha vez que o convenio galego decaeu formalmente o pasado 1 de febreiro.

Interior dunha perruquería
Interior dunha perruquería | Fonte: viladrau.cat

CCOO leva desde o pasado ano defendendo que a situación dos traballadores e traballadoras se equipare en Galicia co marco estatal, o que representaría unha “substancial mellora” nas condicións. 

Por iso, lamenta que a patronal, malia saber que era obrigatorio aplicar o convenio estatal, intentara que o sindicato CIG —con máis dun 60 % da representatividade— asinase o convenio galego en solitario. Finalmente non se chegou a producir o asinamento, porque CCOO advertiu “desde a primeira xuntanza que o denunciariamos na Consellaría de Traballo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta