Un manifesto denuncia o proceso contra os independentistas procesados na Operación Jaro

Sindicalistas, xornalistas, políticos ou activistas pídenlle ao Goberno español o arquivo definitivo desta causa que leva a Audiencia Nacional.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/03/2017 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

Máis de 50 persoas do mundo da política, do sindicalismo, da cultura ou das institucións de Galicia son os asinantes dun manifesto no que denuncian a Operación Jaro, o proceso xudicial aberto en 2015 contra nove independentistas galegos na Audiencia Nacional.

Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza
Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza | Fonte: @Causagaliza

Entre os asinantes deste escrito están políticos do BNG, Podemos ou Compostela Aberta, como Xosé Luís Rivera Cruz -Mini-, Ana Pérez Fernández ou Cristina Amor, escritores e xornalistas como Sechu Sende, Fran P. Lorenzo, Iria Méndez, Daniel Salgado ou Xesús Piñeiro e sindicalistas como Xan Carlos Ánsia ou Xosé Manuel González, entre outros.

 Este manifesto, que leva por nome Abrolhar, esixe do Goberno español o arquivo defintivo da causa aberta no tribunal contra estes militantes e demanda a finalización deste tipo de operativos policiais “con claro impulso político que, periodicamente, afectan á militáncia independentista galega”, recolle.

Ademais, lembra que, a pesar deste operativo a organización independentista Causa Galiza volveu ser legalizada tras ser  suspendida de actividades pola citada instancia xudicial.

O próximo 23 de abril celebrarase unha manifestación en Santiago na que se reclama, tamén, que remate o proceso xudicial contra os independentistas procesados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta