O TSXG arquiva as actuacións sobre agasallos de Monbus a Feijóo e Rueda

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera que os feitos non son constitutivos de delito.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2017 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) notificou este martes un auto no que acorda o arquivo das actuacións relativas a agasallos recibidos de Monbus polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente, Alfonso Rueda, ao "non ser" os feitos "constitutivos de delito".

Feijóo e Rueda brindando
Feijóo e Rueda brindando | Fonte: vinatur.com

Así o informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun auto no que declara a súa competencia para o coñecemento dos feitos atribuídos a Núñez Feijóo e Rueda na exposición razoada remitida polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

Esta resolución xudicial no coñecido como 'Caso Veiga Sicilia', segundo concreta o TSXG, non é firme e contra a mesma cabe interpor recurso de súplica.

A decisión do TSXG prodúcese despois de que a Sala do Penal do Tribunal Supremo rexeitase tamén a existencia de delito de suborno impropio no eurodeputado do PSOE José Blanco e os senadores do PP José Manuel Barreiro (portavoz do Grupo Popular no Senado) e Juan Antonio de las Heras polo feito de que fosen destinatarios de agasallos do Nadal (botellas de viño) por parte do presidente do Grupo Monbus, Raúl López.

ARQUIVO DO SUPREMO

O Supremo arquivou así tamén a causa aberta por mor dunha exposición razoada que lle foi remitida pola xuíza de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, ao considerar que os feitos non son constitutivos de ilícito penal algún.

Raúl López, presidente de Monbus
Raúl López, presidente de Monbus | Fonte: CRTVG

A investigación deriva dun informe do Servizo de Vixilancia Aduaneira que sinalaba a unha vintena de cargos de Galicia e doutras zonas de España entre os que se citaba, ademais dos aforados xa sinalados, a outras personalidades como o presidente da Xunta e o vicepresidente do Executivo autonómico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta