Temas: SUBVENCIóNS

A Xunta leva orzamentados case 15 millóns de euros en propaganda nos medios

As consellerías do Medio Rural e de Política social destinan outros 1,2 millóns a campañas publicitarias nos grandes medios para consumir carne e leite galegos e para ter máis fillos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/03/2017 | Actualizada ás 07:00

Comparte esta noticia

Case 15 millóns de euros. É o que a Xunta de Galicia leva orzamentado en campañas institucionais de publicidade e propaganda nos medios de comunicación no que vai de ano. E iso que aínda non rematou o terceiro mes do ano. Un diñeiro que, novamente, servirá para aumentar as contas dos grandes grupos mediáticos de Galicia.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos

Desta volta, as campañas previstas son das consellerías de Medio Rural e Política Social. Curiosamente, a primeira xa destinara hai unhas semanas 450.000 euros no desenvolvemento dunha campaña publicitaria de prevención, concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais. Agora suma a esa cantidade un total de 460.000 euros con IVE para a promoción do leite e da carne do país –230.000 euros en dúas campañas--.

O contrato que quere asinar Medio Rural ten coma finalidade definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver dúas campaña publicitarias  para promover o consumo de leite galego e, nomeadamente, do da marca Galega 100%  e tamén de produtos cárnicos de orixe galega, como distintivo de calidade durante o ano 2017. Curiosamente, as dúas campañas serán para desenvolver a nivel autonómico, é dicir, nos grandes grupos mediáticos galegos.

Por outra banda, a Consellería de Política Social destinará 770.000 euros ( Ive incluído) para a contratación dunha campaña de publicidade e comunicación institucional cuxa finalidade é “sensibilizar aos galegos e ás galegas da importancia da revitalización demográfica e dar a coñecer o conxunto e medidas de apoio á natalidade e á familia (axudas, servizos e programas de conciliación)”.

Segundo apunta a consellería, preténdese que dita información chegue “ao meirande número posible de público -obxectivo e que en relación con cada unha das medidas se acade a comunicación coa práctica totalidade de posibles beneficiarios-”, indica. Deste xeito, tentarase acadar a “maior eficacia e eficiencia na utilización dos recursos públicos que a Xunta de Galicia destina á dinamización demográfica”. Esta campaña, como a anterior tamén está destinada só aos grandes medios galegos.

Viñeta de humor sobre as subvencións a La voz
Viñeta de humor sobre as subvencións a La voz | Fonte: BNG

Máis acordos publicitarios

Estes concursos súmanse a outros que foron saíndo nas últimas semanas e que xa suman 14,5 millóns. Entre eles,  das consellerías do Medio Rural e de Infraestruturas e Vivenda, e da Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia ( RESGAL) por valor de 1.465.000 euros (con IVE) e das consellerías de Economía e de Política Social por un valor de máis de 2,3 millóns con IVE. 

Tamén hai unhas semanas, o GC xa daba conta de outros dous contratos da Axencia Turismo de Galicia. Así, un deles busca axencias de comunicación para a elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia durante 2017 por valor de máis de 6,2 millóns de euros con IVE. Por outra banda, destina 400.000 euros con IVE á contratación do servizo “accións de comunicación dixital” da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia, así como do Camiño de Santiago en particular.

Previamente, era outro concurso de 2,2 millóns de euros que a Secretaría Xeral de Medios destinará aos grandes medios a través de dous acordos marcos para realizar distintas campañas publicitarias no 2017 e 2018.

Control mediatico da Xunta

O proxecto de I+D+i ‘Accountability y Culturas Periodísticas en España. Impacto y propuesta de buenas prácticas en los medios de comunicación españoles’, xa alertou de que a Xunta utiliza os cartos públicos para “controlar” aos medios de comunicación privados.

"Desde a longa etapa na que Galicia foi gobernada por Manuel Fraga (1990-2005), a práctica de subvencionar aos medios de comunicación foi constante por parte dos distintos executivos autonómicos" e este "modelo de subvencións, axudas ou convenios" funcionou dende entón como "unha forma de garantir o control informativo", recolle o documento. Tanto, que "a gran dependencia económica dos medios galegos dos poderes públicos impide falar de independencia política, aínda que sexa un dos lemas más repetidos nos seus idearios".

Campaña de dinamización da natalidade da Xunta
Campaña de dinamización da natalidade da Xunta | Fonte: Xunta
Temas: SUBVENCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 liberalismo PPodrido

teñen que financiar os papeluchos da burguesía plutocrática expañolenta na Galiza... a autentica liberdade vai ser cando pechemos eses papeluchos ... son como aquel xornal do Hitler... o volkischer beodowatcher... meten os velenos bugueses contra o pobo a coacción a seducción pornográfica das linotipias da extrema dereita en favorecer os ricos,... o pobo ten que desfacerse delas están de sobra e eu prego o bo Deus cos saque deste país... que non deixe un destes sefarditas apátridas expañolentos vermes noxentos nin un apice da madita bacteria infecciosa e corruPPteira e PPodreira ... pero acaso non son estos liberáis da empresa libre... e que os lectores que perden non os recuperon polo face-book e polos interneses... a xente pasa deles o artigo de hoxe da coz sobre o independentismo e para "orientar" o voto e que non saia o MORTE A EXPAÑA...