Temas: TOMIñO PORTUGAL

Goián, o centro da cultura galego-portuguesa

Tomiño celebra o III Encontro Minho-Galiza co tema "A música a debate".

Por Galicia Confidencial | Goián, Tomiño | 31/03/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Goián, no Concello de Tomiño, será o centro da cultura e da música galego-portuguesa. Esta vila fronteiriza con Vilanova da Cerveira acolle o III Encontro Minho-Galiza. Nesta edición, a cerna do debate será a música e as palabras que ela transporta na relación coa interculturalidade e coa identidade da lingua.

Fortaleza de San Lourenzo, en Goián (Tomiño). En Fronte, Vilanova da Cerveira, xa en Portugal
Fortaleza de San Lourenzo, en Goián (Tomiño). En Fronte, Vilanova da Cerveira, xa en Portugal

O evento contará coa participación de representantes recoñecidos da intervención, composición, interpretación musical popular, tradicional e contemporánea dos dous lados do río Miño, entre outros: Pedro Abrunhosa e Ses (María Xosé Silvar).

O III Encontro desenvolverase en dúas mesas redondas. A da mañá incidirá sobre a música popular e tradicional; e a da tarde sobre a música contemporánea. Ao longo do día, haberá varios momentos musicais, que comezarán coa anfitrioa Banda da Escola de Música de Goián, para alén doutras sorpresas.

Evento nado en 2015

Este proxecto partiu da iniciativa de dous alumnos da Universidade do Minho, no 2015, apoiados desde o inicio polo Centro de Estudos Galegos (CEG – ILCH). No 2016, xuntouse o apoio do Mestrado em Comunicação, Arte e Cultura e do Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (MCAC/CECS – ICS). O Encontro Minho-Galiza pretende contribuír para a promoción do diálogo cultural entre o Minho e Galiza, rompendo coa indiferenza histórica aínda existente resultante da antiga política das “costas viradas”.

O Encontro Minho-Galiza tivo a súa primeira edición no ano 2015, coa realización dun Obradoiro de Teatro Galego, en Braga, cuxa formadora foi a actriz e dramaturga Vanesa Sotelo; a continuación, o II Encontro, no 2016, na Casa Museu de Monção, con tres convidados da área do cinema e audiovisual: Nelson Zagalo, do ICS-UMinho, Portugal, investigador nos Medios de Comunicación Interactivos; Manolo González, documentalista da Academia Galega do Audiovisual; e Diana Gonçalves, documentalista Luso-Galega.

Máis información en www.facebook.com/encontrominhogaliza/, na web http://encontrominhogaliza.blogspot.pt/ ou no e-mail: encontro.minhogaliza@gmail.com

Temas: TOMIñO PORTUGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Merucu Xusticieru

Nostrus !!!! Esto es una rebeliòn....manifièstate e ilumina el universo galaico con tu sabidurìa madrileña !!!!

1 gal

¿jejeje, si xa tarda o tal nostrus en dicir algo