Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/02/2010 | Actualizada ás 18:42
Era a chamada a ser a residencia 'Vip' por excelencia de Galicia, ou así a denominou no seu día o ex vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, pero desde a súa posta en marcha, en novembro de 2007, os problemas foron e seguen sendo numerosos.
Os traballadores teñen denunciado as numerosas carencias deste centro e os familiares dos internos acusaron ao colectivo de enfermeiros de “deixación” nas súas funcións. Tamén o PPdeG denunciou, antes de chegar á Xunta, a situación da residencia e criticou á Quintana por “ter abandonado aos nosos maiores”.
As cousas, igual
Sen embargo, e a pesar do cambio de goberno, as cousas continúan igual. Os traballadores critican a falta de persoal, os familiares cargan contra os enfermeiros e a Xunta asegura que xa se tomaron medidas. Sen embargo, traballadores do propio centro opinan o contrario. “Non se sinala a ninguen pero se marca a determinados traballadores, como nos bos tempos do PP, como é cultura desta direción”, apuntan.
Por iso, cargan contra o director do centro a quen consideran o verdadeiro responsable desta situación por “non facer nada”. “ Así contentanse a determinadas familias que viñan denunciando as carencias do Centro , vendeselle que se tomaron medidas e correse unha cortina de fume sobre o verdadeiro problema; a nula e mala xestión do centro e a escasez de persoal que padece”, apuntan fontes consultadas por GC.
“Cesar” ao director
O director da Residencia Volta do Castro foi apoiado, no seu día, pola CIG, sen embargo desde a sección Autonómica deste sindicato apuntan a GC que están agardando da Consellería de Traballo e Benestar que “o cesen por incompetente e non ser a persoa idonea para pilotar un centro destas caracteristicas”.
Neste sentido, lembran que esta central leva meses pedindo a renovación do equipo directivo porque “ non son os profesionais adecuados “para solucionar os problemas deste centro. “Vaí para tres anos funcionando e descontento do persoal é xeral, carecen de protocolo de evacuación non teñen o turno anual e alí todo é fruto da improvisación”, conclúen.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.