Contiúan as carencias na residencia Volta do Castro

A Residencia Volta do Castro, en Santiago, segue sumida no caos, a pesar das innumerables queixas do persoal e das protestas das familias.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/02/2010 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Era a chamada a ser a residencia 'Vip' por excelencia de Galicia, ou así a denominou no seu día o ex vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, pero desde a súa posta en marcha, en novembro de 2007, os problemas foron e seguen sendo numerosos.

Os traballadores teñen denunciado as numerosas carencias deste centro e os familiares dos internos acusaron ao colectivo de enfermeiros de “deixación” nas súas funcións. Tamén o PPdeG denunciou, antes de chegar á Xunta, a situación da residencia e criticou á Quintana por “ter abandonado aos nosos maiores”.

As cousas, igual


Sen embargo, e a pesar do cambio de goberno, as cousas continúan igual. Os traballadores critican a falta de persoal, os familiares cargan contra os enfermeiros e a Xunta asegura que xa se tomaron medidas. Sen embargo, traballadores do propio centro opinan o contrario. “Non se sinala a ninguen pero se marca a determinados traballadores, como nos bos tempos do PP, como é cultura desta direción”, apuntan.

Por iso, cargan contra o director do centro a quen consideran o verdadeiro responsable desta situación por “non facer nada”. “ Así contentanse a determinadas familias que viñan denunciando as carencias do Centro , vendeselle que se tomaron medidas   e correse unha cortina de fume sobre o verdadeiro  problema; a nula e mala xestión  do centro e   a escasez de persoal  que padece”, apuntan fontes consultadas por GC.

“Cesar” ao director


O director da Residencia Volta do Castro foi apoiado, no seu día, pola CIG, sen embargo desde a sección Autonómica deste sindicato apuntan a GC que están agardando da Consellería de Traballo e Benestar que “o cesen por incompetente e non ser a persoa idonea para pilotar un centro destas caracteristicas”.

Neste sentido, lembran que esta central leva meses pedindo a renovación do equipo directivo porque “ non son os profesionais adecuados “para solucionar os problemas deste centro. “Vaí para tres anos funcionando e descontento do persoal é xeral, carecen de protocolo de evacuación  non teñen o turno anual e alí todo é fruto da improvisación”, conclúen.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 Oroso

Personal insuficiente , personal desmotivado, personal que se siente acosado, personal que se siente vigilado, familiares descontentos ,mala distribución del personal,prepotencia,improvisación,favoritismo. Y el Partido Popular de vacaciones de carnaval , coño como cambian las cosas , en la oposición llevaron una pregunta Parlamentaria , sobre el mal funcionamiento del centro, ahora ya debe funcionar muy bien, verdad , señores del Partido Popular.

3 Laura

Desde su inauguración han llovido las críticas sobre este centro, lo cual no es de extrañar, cuando se le confió su gestión a una persona con un desconocimiento total de lo que es un centro geriátrico. Tanto la dirección del centro como el resto del equipo directivo han demostrado durante este tiempo su total incompetencia, los resultados así lo demuestran, trabajadores acosados, familiares descontentos, residentes mal atendidos por falta de personal y por la mala distribución del personal existente.. Una dirección que actúa con prepotencia, improvisación y favoritismos y no con criterios de optimización de recursos. Eso sí, coordinadoras hay un ciento…solo para vigilar al personal, como perros guardianes ¡como si el personal necesitase vigilancia! ¿Hasta dónde tiene que llegar la situación en la Volta do Castro para que se destituya a la dirección del centro?

2 Sofia

A incompetencia ten nome propio e é a Xunta de Galicia e súa responsable directa a señora Secretaria Xeral de Benestar que non se dignou a pasar dende o seu nomeamento por este centro que ten tan pretiño , si perdera cinco minutos en falar co persoal decatariase da enorme escasez de plantilla ca que naceu este centro da incompetencia do seu xestor , pero como entre incompetentes anda o xogo , seguiremos saindo na prensa non , por ser un referente en Servizos Sociais deste País sinon por todo o contrario . Co facil que é crear unhas cuantas plazas mais e poñer ao fronte a alguén que realmente sexa un profesional dos servizos sociais .

1 Loli

Yo como trabajadora del Centro lo puedo afirmar , es cierto el personal no llega , los criterios subjetivos a la hora de distribución del personal es otro problema , aquí hay trabajadoras de primera y segunda , hay a gente que se le dan los mejores puestos o de menos trabajo , en función de lo simpatica que le caigas al sr. Dire. Vamos en difinitiva la organización del Centro es malisima este sr. no sabe lo que es llevar un centro de mayores.

1 un mais

Calquera que coñezca a trallectoria do Sr Lorenzo Mur e fale do seu pase por distintas dependencias administrativas da Xunta Sabe que o seu nomeamento e mantenemento non obedece a criterio de probada eficacia. E como o cabalo de Atila, pero rencoroso, trepa e sen escrupulos con tal de medrar. Como o caso do cabalo (este animal mas noble que o sr.de ) por onde pasa deixa sembrado o enfrentamento e o odio, terminará mal, pero mentras tanto fará moito daño e deixara moitas victimas de dificil reposición da súa pésima e negada xestión. pero mentras axa padriños xa se sabe

2 Vigo

Conozco la trayectoria del director del centro. Recuerdo especialmente que en una ocasión alguien le dijo un día, me sorprende gratamente saber que alguien de ciencias y números se preocupe por humanizar, cuidar y pensar en las personas, en este caso en los mayores. Parece que genera muchas envidias, desde un rincón de Galicia le mando todo mi apoyo, admiración y respeto. Él seguirá enfrentándose a los problemas e intentando mejorar la calidad de vida de nuestros mayores.

3 tu tio

gracias sobrino, cuanta razón tienes, es solamente envidia.