A marcha de EQUO Galicia evidencia as fendas de En Marea

O partido ecoloxista sae denunciando un déficit de transparencia e horizontalidade na coalición. Marcha o día despois da elección de Villares como voceiro, elección que suscitou hoxe as críticas dos alcaldes da Coruña e Santiago.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 03/04/2017 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

EQUO Galicia anunciou este luns a súa aposta por unha “andaina propia no ecoloxismo político e no ecofeminismo” desvinculándose de En Marea. O anuncio chega despois de que o Consello das Mareas elixira a Luís Villares como voceiro onte.

Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela
Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela

Sen citar a elección do ex-xuíz como líder orgánico, EQUO explica “ser unha materia pendente no escenario político actual a posta en valor da radicalidade democrática, a horizontalidade, a participación en pe de igualdade e a transparencia”. Os críticos con que Villares acapare os cargos de voceiro parlamentar e orgánico argumentan que isto vai en contra do decidido polas bases na conformación da marea. 

A escolla do ex-maxistrado tamén provocou hoxe as críticas dos alcaldes da Coruña e Santiago. Dende a Marea Atlántica Xulio Ferreiro argumenta que así ráchase o consenso e quedan fóra da dirección o punto de vista maioritario dentro das mareas.

Dende Compostela Aberta Martiño Noriega admitiu hoxe a súa preocupación pola suposta deriva de En Marea, aínda que deixou claro que as súas palabras non poden interpretarse como o punto de vista do seu partido (ANOVA) dado que el non ocupa ningún cargo orgánico, pois di estar centrado ao 100% no proxecto de Compostela Aberta.

Pode afectar a marcha de Equo Galicia a estabilidade dos gobernos municipais das mareas? Parece que non, pois no seu anuncio o partido verde mostra “Ao seu apoio e o seu orgullo polo bo traballo que están a facer as xentes de EQUO Galicia nas Mareas municipalistas nos distintos concellos do país”. Un militante de EQUO Galicia é concelleiro no goberno da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

6 Rummeniggen

Era visto...si ya dirige la nueva politica el Mario López Rico...La Marea, lo que pudo haber sido...y la trama que es. Una pena chavales.

5 comunista independentista

É todo un contratempo no avance das Mareas a perda da grande masa humana que aportaba Equo. Inversamente proporcional ao grande medre que experimentou o Bloque coa incorporación dos milleiros de militantes da Foga.

1 Comunista chovinista da OTAN

Tendo tan pouca xente como tedes non o deberíades tomar a broma

4 Breoghain

O projeto de En Marea está viciado de origem por que não é conciliável o objetivo estratégico da libertação nacional da Galiza com o pacto com forças da metrópole, como também não são conciliáveis os intereses das duas classes sociais enfrentadas nem, en geral, entre capitalistas em pugna competitiva. Galiza necessita mais que nunca de auto-organização e de estruturas soberanas.

3 Efixio

Todos sabemos que o máis grave problema que ten a Galiza, é que todos temos moito tempo para filosofar. Como aquí non trabalha moito "nin dios" pois é o que hai. A diferenza enorme que hai entre calquera de calquera país da nosa contorna é que trabalhan, chegan a casa pola noite. Falan un pouco, ou vén a tele, ou len un livro, ou fan os deberes os cativos, etc. Aquí moitos nin iso. Só filosofan e filosofan tanto que sempre andan a leas entre uns e outros. Si trabalharan...e se deixaran de cousas de adolescentes de 50 anos...Dígovos unha cousa que non sabedes: Os clones non existen! Adolescentes de "pacotilha".

2 STOP VIEIRAS TOLEAIS

Eu son nacionalista galego... nacionalista a norte!!!! non creo no proxecto de "podreiros" pero imaxino que existe xente que lexitimamente quere levar ese proxecto adiante de "reformismo de expañol" EXPAÑA E IRREFORMABLE NON SE ENGANEN... o que me parece indecente e o que fixo o vello -Vieiras e coa axuda do líder mandrileño-vallecano Waldo das JONS de vender e prostituir este proxecto a un.has maquinacións de facer o partido hispano-galejista, anovado e reanovado do señorito ególatra e feudal si o vello chamado o -Vieiras, de min non se rien estanse a reir da xente que con boa fe foi a militar ou asociarse en podreiros Galicia... para atopar un nivel de cinismo da pandilla de -Vieiras e o seu monifate o xuiz villano, eu xa teño que remontarme polo menos o CARRILLO do PCE!!!!! -Vieiristas estades dar xa un espectáculo noxento e deplorable!!!!!