A Xunta pon en marcha un novo servizo de atención a visitantes nos parques naturais de Galicia

A consellería de Medio Ambiente puxo en marcha un novo servizo de atención aos visitantes nos parques naturais de Galicia, cuxo obxectivo é a concienciación ambiental da sociedade e a divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2017 | Actualizada ás 18:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A consellería de Medio Ambiente puxo en marcha un novo servizo de atención aos visitantes nos parques naturais de Galicia, cuxo obxectivo é a concienciación ambiental da sociedade e a divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable.

Mato en Corrubedo
Mato en Corrubedo | Fonte: Europa Press

Así o anunciou a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, durante unha visita ao Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, en Ribeira (A Coruña).

Mato aclarou que este servizo de divulgación e educación ambiental está xa en funcionamento no catro parques naturais de Galicia con maior número de visitantes, este de Corrubedo, os Bosques do Eume (A Coruña), Monte Aloia (Pontevedra) e Baixa Limia-Serra do Xurés (Ourense).

Ademais, está previsto que tamén comece a ofrecerse este servizo nas próximas semanas na Serra Enciña da Lastra e no Invernadoiro, ambos na provincia de Ourense.

MONITORES E ACTIVIDADES

Para a posta en marcha do novo servizo aproveitaranse as infraestruturas de uso público coas que xa contan os diferentes parques naturais de Galicia -principalmente, os centros de interpretación e os puntos de información- e dotaranse dun director e de dous monitores especializados, que achegarán "valor" á visita e farán "máis enriquecedora a experiencia e o contacto dos visitantes co espazo natural".

"En total serán 18 os profesionais ao servizo dos visitantes que, ademais da atención, ofrecerán itinerarios guiados, xornadas científicas, xornadas a colectivos específicos, organizarán exposicións e actos conmemorativos para a posta en valor dos espazos naturais e realizarán actividades formativas en centros educativos", dixo Mato, que precisou que as actividades nos centros de interpretación desenvolveranse todos os días da semana.

A conselleira destacou o compromiso do Goberno galego coa promoción e posta en valor do patrimonio natural da Comunidade, con case 500.000 euros de investimento neste servizo, pensado, precisamente, para "favorecer o coñecemento sobre os valores naturais de Galicia e mellorar a concienciación ambiental da sociedade".

No caso concreto do Parque Natural de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, o orzamento destinado ao servizo de atención aos visitantes supera os 100.000 euros. Este investimento súmase á realizados pola Xunta de Galicia neste parque desde o ano 2009 e que totalizan preto de 2,7 millóns de euros.

COMPOSTELÁ DOS PARQUES

Ademais, Mato lembrou durante a súa visita a este parque a recente presentación do Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, que conta cun investimento de catro millóns de euros e contempla 29 actuacións específicas.

Entre elas está a posta en circulación do Pasaporte da Rede de Parque Naturais, un documento co que se pretende aproveitar as sinerxías entre os diferentes espazos naturais convidando os visitantes de cada parque a coñecer os outros referentes do patrimonio natural galego.

Este pasaporte estará dispoñible en todos os servizos de información e contén unha descrición e os datos de contacto do seis parques naturais da Comunidade, así como do Parque Nacional das Illas Atlánticas. O documento pode conseguirse en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Co fin de fomentar o coñecemento destes enclaves, Mato anunciou que a primeira persoa en completar a que será coñecida como a 'Compostelá' dos parques naturais de Galicia --a imaxe da de peregrinación-- poderá gozar dunha estancia de dous días no Xurés, onde, ademais, poderá participar nalgún dos programas turísticos deseñados para este enclave.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta