Un modelo matemático para predicir o futuro do galego

Os científicos galegos Jorge Mira e Luís Francisco Seoane actualizan o estado dos estudos matemáticos sobre comunidades bilingües cunha nova achega nun libro publicado por Cambridge Scholars Press. As ecuacións aplicadas ao caso galego predín que "o bilingüismo será un trazo estable" no país e que "ambos os grupos monolingües sobrevivirán, co grupo español probablemente dominando".

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 12/04/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Física e as Matemáticas poden explicar como evolucionou a coexistencia da lingua galega coa castelá e como será a súa convivencia no futuro. Modeling the life and death of competing languages from a physical and mathematical perspective é a nova aportación á literatura científica que fan Luís Francisco Seoane —Departamento de Física do Massachusetts Institute of Technology (Estados Unidos)— e Jorge Mira —Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC)— para repasar e actualizar os traballos fundamentais que se teñen feito sobre contextos bilingües aplicando leis matemáticas.

O científico Jorge Mira
O científico Jorge Mira | Fonte: Pazo da Cultura de Pontevedra.

Os científicos galegos veñen de publicar o seu artigo no libro Bilingualism and Minority Languages in Europe: Current trends and developments (Cambridge Scholars Press, 2017), onde repasan os métodos e resultados "sólidos" dos estudos matemáticos e con base teórica física que se veñen aplicando na lingüística para explicar condicións e facer predicións verificables con respecto á supervivencia dunha lingua nas poboacións bilingües. Entre eses novos modelos de estudo atópase o deseñado polo propio Jorge Mira, en colaboración con Seoane e o profesor Juan Nieto, do Departamento de Análise Matemática da USC.

Xa en 2011, os tres científicos galegos publicaron na revista New Journal of Physics o artigo 'The importance of interlinguistic similarity and stable bilingualism when two languages compete', no que expuxeron os resultados da aplicación do seu modelo matemático á realidade lingüística galega. Daquela xa evidenciaron que dúas linguas poden coexistir pacificamente se se cumpren dous factores: que os idiomas sexan parecidos —para o cal se mide a distancia entre ambas as linguas— e que teñan un estatus similar, é dicir, que gocen dun prestixio similar entre os falantes. Se se dan estas dúas condicións, a competición entre dúas linguas como a galega e a castelá non debería levar á desaparición dunha delas.

Segundo Jorge Mira, autor principal desa investigación, en Galicia é "perfectamente posible" a convivencia destas dúas linguas. De feito, o seu modelo matemático predí unha perfecta coexistencia.

Mira comezou a deseñar o seu modelo en 2005, logo de coñecer o traballo realizado en 2003 polos investigadores Abrams e Strogatz, nun artigo na revista Nature, no que levaron a cabo unha análise innovadora sobre a dinámica da evolución do número de falantes de dúas linguas cando conviven no mesmo espazo. A conclusión destes autores foi que cando dúas linguas están en contacto, unha delas acaba impoñéndose á outra. A partir daquí, Mira comezou a traballar no seu modelo, publicado en 2005 na revista Europhysics Letter xunto co físico da USC Ángel Paredes. Con el foi capaz de reproducir en Galicia a variación histórica nas porcentaxes de falantes en castelán, galego e bilingües

Resultados do modelo matemático desenvolvido por Jorge Mira sobre a evolución en Galicia dos falantes en galego (azul), falantes en castelán (vermello) e bilingües (verde), compatible cunha coexistencia estable, segundo o autor
Resultados do modelo matemático desenvolvido por Jorge Mira sobre a evolución en Galicia dos falantes en galego (azul), falantes en castelán (vermello) e bilingües (verde), compatible cunha coexistencia estable, segundo o autor | Fonte: Seoane LF and Mira J. Modeling the life and death of competing languages from a physical and mathematical perspective. In Bilingualism and Minority Languages in Europe: Current trends and developments (F. Lauchlan, M. C. Parafita Couto, eds.), pp.70-93 (ISBN: 978-1-4438-1943-5). Cambridge Scholars Press (2017).

Unha vez aplicado o modelo para estudar a evolución da convivencia de ambas as linguas dende o pasado até o presente, o reto foi comprobar se o modelo matemático era estable para predicir o comportamento futuro. Así foi como desenvolveu o seu modelo matemático, baseado nun sistema de ecuacións diferenciais nas que se introduciron os dous parámetros para medir: a distancia entre linguas e o seu estatus.

Así, atopuse que nun par de décadas en Galicia haberá aproximadamente un 50% de bilingües, un 30% de monolingües en castelán e un 15% de monolingües en galego. Con todo, Mira xa advertiu de que o galego necesitará potenciar o seu prestixio para sobrevivir ou estará condenado á extinción.

COMPUTAR A SIMILITUDE

Os resultados de Mira refutaron a hipótese de Abrams e Strogatz, basicamente porque estes traballaran sobre as relacións inglés-galés, inglés-gaélico e castelán-quechua, linguas distantes, completamente diferentes na súa natureza, ao contrario que o galego e o castelán, que aínda que diferentes, son máis parecidas. Computar a distancia entre linguas foi a gran aportación de Mira para o estudo matemático dos idiomas, para o cal se aplicou un sistema de ecuacións aos históricos dispoñibles sobre a poboación que fala en castelán e galego no país, con rexisros dende 1875. O que atopou é que a semellanza entre estas linguas é do 80%.

O modelo de Mira apunta que para que unha lingua sobreviva nunha poboación bilingüe na que os dous idiomas gozan dun prestixio similar, a súa similitude non debe ser inferior ao 40%. Porén, cando o estatus dunha das linguas é moi superior, a porcentaxe de similitude tería que ser maior para a supervivencia da lingua más débil, por enriba do 75%, dependendo do estatus.

E así, mediante as matemáticas, demostrou que era posible que dúas linguas coexistisen sen que unha extinguise a outra, unha hipótese que mantiña unha parte da comunidade científica.

Con todo, o modelo ten limitacións, xa que o estatus dunha lingua en convivencia con outra pode variar no tempo, como no caso do galego, polo que o que se obtivo foi un promedio. Ademais, o fenómeno da inmigración ou as taxas de nacemento e mortalidade introducen novas variables que poden facer variar os resultados, ademais das políticas lingüísticas aplicadas polas administracións públicas.

A matematización da convivencia das linguas é un camiño novo que está a dar resultados importantes para a comunidade científica, pero tamén para os lingüístas. Agora, Mira e Seoane actualizan a literatura científica neste eido de estudo para seguir avanzando na computación do bilingüismo.

BILINGÜISMO ESTABLE EN GALICIA

No seu último traballo, recuperan os datos dos informes sociodemográficos que desde principios da década de 1990 vén publicando a Real Academia Galega periodicamente, elaborados mediante enquisas para avaliar a situación da lingua galega respecto do castelán introducindo variables xeográficas, de idade ou o substrato económico.

Así, por exemplo, centrándose na segregación por idade do uso galego e castelán do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2008, pediuse aos informantes que se clasificasen como: 1) só falan galego, 2) falan maioritariamente galego, 3) falan ambas as linguas igualmente, 4) falan na súa maioría castelán, 5) falan castelán. Para o traballo dirixido por Mira, agregáronse os tres grupos centrais como bilingües para aplicar o modelo matemático.

Os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia separan os falantes por subdivisións xeográficas, polo que o proceso se pode repetir para varias destas subunidades e tamén para os datos agregados. Así, Mira e Seoane explican que trazando os parámetros atopados para cada rexión se pode avaliar onde non é posible a coexistencia lingüística. E cos datos agregados de Galicia, prevén que "o bilingüismo sexa un trazo estable" e que "ambos os grupos monolingües sobrevivirán, co grupo monolingüe español probablemente dominando".

Os avances recentes nas metodoloxías aplicadas destacan, segundo estes autores, factores importantes para avaliar o destino das linguas minoritarias. Así, salientan que "cando a interacción (competición) é intensa, a tendencia é homoxeneizar o espazo cultural", polo que "só a través de interaccións débiles poden sobrevivir culturas diferentes, pero as interaccións débiles significan illamento".

Por outro lado, "a distribución xeográfica dos falantes é importante", de xeito que "un denso bastión de falantes dunha lingua minoritaria podería reverter unha situación adversa"; pero isto, segundo os científicos, "aínda implica a extinción dunha das linguas" en convivencia nun contexto bilingüe, onde "ambas as linguas poden sobrevivir se a mobilidade humana é reducida polas barreiras físicas, é dicir, se os idiomas están efectivamente segregados".

Tamén se considera o bilingüismo "un activo" e apuntan a que "unha visión inxenua pode suxerir que unha lingua perde falantes a través do grupo bilingüe". Porén, "algúns modelos teóricos indican que os bilingües (cando son exitosos e destacados) suavizan a competencia e permiten posibilidades que estaban prohibidas en modelos máis simples". Ou dito doutro xeito, "considérase que os pares de linguas para os cales un grupo bilingüe estable non se pode establecer con éxito desaparecen ou viven illados".

Por último, "o bilingüismo esixe dúas condicións que permitan unha coexistencia estable: 1) Para o falante dun idioma, os bilingües deben ser representativos da opción oposta, é dicir, os bilingües deben contribuír á poboación que atrae. 2) As transicións fóra do bilingüismo deben ser máis raras que as transicións cara ao bilingüismo, suxerindo que ser bilingüe agregou algún valor social adicional. Isto non é disparatado: os bilingües non só poden involucrarse con máis xente, senón tamén reunir a grandes grupos lingüisticamente illados", conclúen os autores.

Os resultados das simulacións do modelo desenvolvido por Mira e os seus colaboradores nos últimos anos alertan sobre a posición de perigo da lingua galega, aínda que a situación galego-castelán está preto das condicións de estabilidade que permitirían que a noso idioma sobreviva no futuro. O papel das administracións públicas será determinante.

-----------------------------------------------------------  

Seoane LF and Mira J. Modeling the life and death of competing languages from a physical and mathematical perspective. In Bilingualism and Minority Languages in Europe: Current trends and developments (F. Lauchlan, M. C. Parafita Couto, eds.), pp.70-93 (ISBN: 978-1-4438-1943-5). Cambridge Scholars Press (2017).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

5 nostrus

Pues mira, si los nacionáticos y ofrecidos al gallego os apareais entre vosotros y os dedicais a la procreacion masiva, el gallego esta garantizado (siempre y cuando vuestros descendientes comulguen con vuestra fe, claro). Poneos manos a la obra.

1 Gloraia

Que noxo dás, rapás. Dasme gañas de vomitar. Supoño que é o que buscas. Comigo conséguelo. Asco.

2 nostrus

Gloraia, seguramente non sabes que dan moito mais noxo os que lle queren dicir aos nosos descendentes o que teñen que facer. O futuro do galego non esta nas nosas maos, sinon na dos nosos descendentes que faran o que lles dea a gaña e non o que nos lle deixemos escrito, porque nos tamen facemos o que nos da a gaña e non o que fixeron os nosos antergos. Eu non me sinto na obriga de ser labrego porque o fosen meus avós, nin me sinto na obriga de ser crente porque o fose miña avoa. Pretender evitar que o futuro do galego non estea na sociedade futura e un acto fascista, ademais de inútil. Mentalízate que os mortos non mandan mais que os vivos.

3 teutonio

Meu levas praí unha década escribindo estas parvadas en todos os xornais online galegos, que é o que che fixo chegar a esta situación?, buscaches a axuda dun profesional?

4 Gonzalo f.g

Eres o cancro de galicia ,galegos renegados que se pensan madrileños.... Falo seis linguas e sen duda o galego sempre e será a unica miña, estou casado cunha francesa e os meus fillos con 5 falaran mais idiomas que ti na tua vida p a r v o da c o n a

4 Estralampa

Nada novo... que tardará moito em desaparecer completamente o galego? Pois é obvio... o latim seguiu-se usando até o s XX nos rituais católicos. Ademais, o galego seguira-se usando na lusofonia. O relevante é qual será o uso do galego nas próximas décadas no seu berçe: ganha espaço social? ganha falantes? ... o predecível é que de seguirmos coa dinámica actual o galego esmoreça e se torne lingua ritual de uso familar. Mais nada. É iste o futuro que lhe queremos? Pois imos bem encarreirados.

1 6JiR

Pode ser peor, e acabar comos os lusistas, existindo só en foros de internet.

3 nostrus

Pois enton, si o bilingüismo e fácil que perdure, aos nacinalistas rematalle a coartada de que o galego morre para asi xustificar metelo polos ollos. O galego non compite en nigunha liga de linguas nin é preciso que o fale toda a Humanidade, abonda con que o usen aquelos que desexen. Os ofrecidos ao galego teñen direito a estar ofrecidos igual que os ofrecidos ao Cristo dos Faroles, pero nin unhos nin outros teñen direito a esixirlle aos demais que tamen se ofrezan. Eu non lles impido que se ofrezan, pero que tampouco me esixan a min que me ofreza.

1 Estralampa

"si o bilingüismo e fácil que perdure, aos nacinalistas rematalle a coartada". Perfecto. Epítome dos efectos colaterais dum trabalho científico superficial e descontextualizado e, daquela, pouco útil e facilmente manipulável.

2 chapela

Eu também gosto de Isaac Asimov, porém...puxa vida! O estudo reflicte o grao progressivo de deturpação e corrupção da língua por influência castelhana?

1 GJ6r

A deturpassao e a corruppssao si que son deturpacions no galego.

2 chapela

A ignorância sempre foi atrevida. Bravo!

3 Txapeldunak

Ten un negocio nocturno? Non consegue que os clientes tomen a última e vaian durmir dunha vez?? CONTRATE LUSISTAS!!! Dispoñemos de varios lusistas para amargar noites en locais nocturnos. Prezo asequible. Modalidades de conversa-boicot: "Defesa do -ção frente ao -çom", "A ignorância maciça do povo galego", "A importância de patuar uma norma internacional para o português de Galiza", "O galego, dialeto regional no que as crianças não querem exprimir-se" etc. etc. etc.

4 Anti-ilusista.

Escaralleime de risa.

1 tin

a lingua galega dificilmente acadará o mesmo nivel de prestixio que o castelán. Non ten presencia nas clases altas: medicina, xustiza, administración, empresarios,... Neses sectores a lingua galega é marxinal e marxinada. Este estudo é unha milonga, a pervivencia do galego no futuro é complexa. A transmisión oral é pequena e os neofalantes osn unha porcentaxe pequena. En dez anos estamos ao 15% de falantes habituais en galego. E o bilinguismo non vale que non sexas capaz de mantes unha conversa durante media hora, dicir unha frase non é bilinguismo.

1 FUN_EU

Pero de qué prestixio falas da lingua castelá? Non hai detritus peor de insultos, desprezos e inorancia que o que hai na lingua castelá en Galiza. É a lingua da delincuencia, dos barrios baixos, dos comerciantes creidos; pero non é a lingua da ciencia nin da cultura por máis que se busque. Pode ser a lingua do pelotazo, dos negocios chanchulleiros pero...da cultura? NON

2 Galegus

Pero ¿Qué dices? De dónde son los Sito Miñanco, los Oubiña o los charlines. Son gallegos de pura cepa, y los más famosos narcotraficantes de Europa

3 FUN_EU

Mira, Galegus, ti semella que non queres entender: Non falo de galegos de "pura cepa" ou non, diso falas ti . Falei, e ben clariño, dos que EMPREGAN o castelán en Galiza. Por calquera barrio baixo de Coruña escoitas o soniquete dos castelánfalantes e o seu "Coruño", non hai cultura en castelán en Galiza a día de hoxe. Son os feitos, e podes comprobalo en calquera eido. Non coñecedes a historia de Galiza (si, te meto a ti tamén); sodes nulidade en música, vivides do pasado no eido da escrita, non hai case que ningunha mostra de cultura pola vosa parte. Sodes, en resumo, nulidades: ¿ Ciencia? ¿de qué ciencia falas ho? O mellor científico mozo europeo fala en galego, os mesmos que "matemáticamente" enterran o galego falan galego....agur, Ben Hur