SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2017 | Actualizada ás 13:15 por EUROPA PRESS
Catro vehículo chocaron nun accidente de tráfico rexistrado no mediodía deste luns nunha rotonda de Santiago de Compostela, pero saldouse sen persoas feridas.
Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 12,30 horas un particular avisou ao servizo de emerxencias dunha colisión na SC-20, á altura da rotonda de Conxo.
O alertante indicou que non había persoas feridas e que os coches non interrompían a circulación. Por parte do 112 Galicia solicitouse a colaboración de axentes da Policía Local e de Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.