Un peón e un ciclista atropelados por condutores que deron positivo en consumo de cannabis

A Policía Local de Vigo estableceu varios controis de alcoholemia e drogas.

Por E.P. | VIGO | 11/04/2017 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

Un peón de 50 anos resultou ferido de carácter grave e un ciclista está ferido leve, despois de que ambos foran atropelados por senllos turismos, conducidos por persoas que deron positivo en THC -tetrahidrocannabinol-.

Sinais advertindo da presenza de ciclistas nas estradas
Sinais advertindo da presenza de ciclistas nas estradas | Fonte: J.C.

Segundo informou a Policía Local, o primeiro accidente ocorreu ás 12,50 horas deste luns na Baixada á Laxe, onde un turismo chocou contra un ciclista, que resultou ferido de carácter leve. Pola súa banda, o condutor do coche deu positivo en THC.

Posteriormente, ás 16,30 horas, un turismo atropelou nun paso de peóns da Estrada de Camposancos a un home de 50 anos, que quedou ferido grave. O condutor, un home de 24 anos, deu negativo en alcoholemia e positivo en THC.

Doutra banda, nun control de circulación, alcoholemia e drogas situado entre as avenidas de Castrelos e Portanet, instruíronse dilixencias xudiciais a un condutor de 53 anos, que deu positivo penal de 0,77 e 0,70 mg/l na proba de alcoholemia; e a un condutor de 33 anos que carecía de permiso de conducir.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 unha perguntinha

é certo o que din de que das positivo se fumache un charuto na véspera?

1 Gamela

as alegrías dalgúns son a morte de outros ? mentres seguimos a vender armas de destrucción masiva e a construir estradas sen rumbo coma se fose a panacea do desenvolvemento! https://goo.gl/wmPFwM