"Zapatero podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra"

A líder de UPyD, Rosa Díez, utilizou o termo "galego" para insultar ao presidente do Goberno español. É a segunda vez que o fai e, polo momento, non rectificou na primeira ocasión e non pensa rectificar nesta segunda.

Por Juan Manuel López | Santiago | 24/02/2010 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

"Podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra". Con esta calificación se referiu Rosa Díez a Zapatero nunha pregunta do xornalista Iñaki Gabilondo. "Y de Rajoy?", preguntalle logo o xornalista. "Ya es gallego". De Aznar, Rosa Díez dixo que "le pasó el momento" e de Juan Carlos I, sinxelamente, que "es el rey".

None

Estas palabras provocaron xa a reacción do Consello da Cultura Galego. O secretario deste órgano, Enrique Monteagudo, xa lle pediu á política que rectifique e considerou indignante que se siga utilizando este termo que xa desapareceu dos diccionarios españois. Con todo, Díez respostou que non vai rectificar porque "todos saben a que se refería".

Podes ver as súas declaracións nesta entrevista de CNN+ a partir do minuto 5.00:

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 63 comentarios

13 jluis

Espero no se le ocurra a esta señora dar un miting en Galicia..... la que le va a caer..... maldita chaquetera.

12 Rosa es tonta, en el sentido

Metedura de pata das gordas, se mire como se mire. Ten a gracia no cú o de "gallego en el sentido más peyorativo del término" ou "es gallego" para meterse con Rajoy. A gracia, no cú

11 lois

Jose non hai máis paleto ca ti, que che mexan enriba e abres a boca.

10 nontendo

Sintoo, non o entendo, non sei a que carallo se refire esta señora, igual é que son demasiado galego.

9 Para Jose

Home José, igual se estiveramos buscando unha neurona entre a xente que apoia a esta señora, que lle dá unha patada no traseiro a todo aquel que non a reverencia dentro do seu partido, si que estaríamos buscando cousas onde non as hai. Quizais si que encontremos algo de dignidade en todos aqueles comentarios da xente que non lle senta nada ben as saida de tón desta señora. No teu comentario tentando xustificar o inxustificable, si que non encontro nada de nada. Por certo, o candidato por Coruña de UPyD nas últimas eleccións foi curiosamente bastante ben tratado polo señor Santiago Rey