Por Juan Manuel López | Santiago | 24/02/2010 | Actualizada ás 15:32
"Podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra". Con esta calificación se referiu Rosa Díez a Zapatero nunha pregunta do xornalista Iñaki Gabilondo. "Y de Rajoy?", preguntalle logo o xornalista. "Ya es gallego". De Aznar, Rosa Díez dixo que "le pasó el momento" e de Juan Carlos I, sinxelamente, que "es el rey".
Estas palabras provocaron xa a reacción do Consello da Cultura Galego. O secretario deste órgano, Enrique Monteagudo, xa lle pediu á política que rectifique e considerou indignante que se siga utilizando este termo que xa desapareceu dos diccionarios españois. Con todo, Díez respostou que non vai rectificar porque "todos saben a que se refería".
Podes ver as súas declaracións nesta entrevista de CNN+ a partir do minuto 5.00:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.