De viaxe empresarial a Arxentina e Uruguai

A Cámara de Comercio de Santiago organiza en xuño unha misión comercial a estes países cos que traballan xa 214 empresas galegas.

Por GC Emprende | Compostela | 12/04/2017 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e o Igape, dentro do Plan Foexga e con apoio de fondos Feder, organizan unha misión comercial a Arxentina e Uruguai que se desenvolverá do 25 de xuño ao 2 de xullo. 

Polígono industrial de A Granxa
Polígono industrial de A Granxa

Segundo explica o técnico de comercio exterior da Cámara, Fernando Pérez-Soba, España iniciou un novo período de estreitamento das relacións comerciais con Arxentina e incorporouno á lista de países prioritarios de operacións co Fondo para a Internacionalización da Empresa. “Isto permitirá apoiar proxectos de investimento de empresas españolas en sectores como infraestruturas, enerxía, transporte, vivenda, servizos, investigación aplicada ou innovación tecnolóxica”, indica. Ademais, sinala que o CESCE anunciou a reapertura da cobertura de operacións a medio e longo prazo.  

Exportacións e importacións

“Galicia exporta a Arxentina principalmente produtos industriais, tecnolóxicos e  agroalimentarios. Un total de 214 empresas galegas realizaron operacións de exportación con Arxentina por un valor de 98 millóns de euros en 2016” –destaca Pérez-Soba–.

E sobre Uruguai, o técnico sinala que, a pesar de ser un mercado de 3,5 millóns de habitantes, mantivo sempre unha ampla relación comercial con Galicia xa que conta con vantaxes legais, loxísticas, de transportes e infraestruturas que lle permiten ser porta de entrada á exportación no cono sur. “279 empresas galegas exportaron a Uruguai produtos e servizos por valor de 40 millóns de euros en 2016” –indica–.

As empresas interesadas en participar na misión poden solicitar máis información no departamento de promoción internacional da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo; teléfono: 981 59 68 00).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta