As Cíes, entre as illas “máis sorprendentes” de Europa para os australianos

O xornal The Australian Financial Review elixe o arquipélago galego entre as dez mellores illas europeas para gozar de experiencias "inusitadas".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/04/2017 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

A fama das Illas Cíes percorre o globo terráqueo até as antípodas. Alí, o xornal The Australian Financial Review aconsella aos seus lectores unha visita a este arquipélago para "afastarse de todo". Ute Junker, especialista en turismo e viaxes, inclúe o paraíso do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia entre as dez illas "máis sorprendentes" de Europa.

As Illas Cíes
As Illas Cíes | Fonte: Susana Costas.

Porque "non todas as illas europeas están arrodeadas de iates de parede a parede e as súas rúas cheas de boutiques de deseño. De Escandinavia aos Balcáns, Europa ten unha chea de illas fascinantes que ofrecen experiencias inusitadas ao viaxeiro intrépido", escribe Junker no xornal australiano.

Esa lista de illas europeas "sorprendentes" está composta por Sveti Stefan (Montenegro), as Illas Lofoten (Noruega), Islay (Escocia), Malta, Norderney (Alemaña), Mljet (Croacia), Monemvasia (Grecia), La Maddalena, (Italia), as Illas Brissago (Suíza) e as Cíes (ría de Vigo).

Sobre o paraíso galego, preséntase como o destino perfecto para "os viaxeiros que queren unha volta ao esencial".

"A diferenza de moitos outros tramos pintorescos da costa europea, non atopará unha ringleira de hoteis de grande altura que bordean ningunha das praias das illas Cíes. Iso é porque non hai hoteis; é máis, tampouco hai coches nin multitudes. Só 2.200 persoas ao día poden poñer os pés nesta parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, e o único aloxamento é un cámping, polo que este é o lugar para realmente afastarse de todo. O tramo de area máis impresionante das illas é a praia Rodas, dun quilómetro de lonxitude", describe Uter para os australianos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta