O cura que revolucionou a Igrexa de Santa Comba

Eduardo (a mocidade pode prescindir do habitual “Don”) vai vestido “de rúa”, é un gran amante dos coches e mesmo monta nun coupé; gusta de ir de viños e comer en restaurantes e gusta de discutir de temas de actualidade, mesmo cos moi “relixiosos messistas e cristianistas”, xa que é un declarado culé.

Por Galicia Confidencial | Santa Comba | 17/04/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Todo cambiou arredor da Igrexa de Santa Comba dende que el chegou. Non só a vida dos máis feligreses, se non tamén a percepción que teñen os veciños menos devotos da igrexa xalleira. Eduardo Prado Alvaredo, non é un cura máis. O párroco de Santa Comba vai máis alá, e é coñecido polo seu compromiso pola dinamización da vida socio-cultural da vila.

Leva 5 anos en Santa Comba e a súa chegada xa se dexou notar desde un primeiro momento, cun aire fresco, moderno, xuvenil e innovador.

Eduardo chegou despois duns anos convulsos cun pobo dividido polos problemas no cementerio, con grandes problemas xudiciais, e loitas entre partidarios e detractores do cura que había. Tivo que tomar o Arzebispado a complicada decisión de trasladado, e iso que era nativo de Santa Comba, e mesmo nacera porta con porta coa igrexia parroquial.

Moi importante para a recepción positiva que os feligreses tiveron do novo cura foi a solución do conflito xudicial que tiña aberto a Igrexa por mor da reforma do cemiterio, un asunto sempre complicado. Pero o que consegue que Eduardo conquiste os corazóns da veciñanza é a súa implicación co mundo cultural.

Creou un coro xuvenil (máis de 30 nenos de 7 a 30 anos), e o ano pasado xa se estreou coas primeiras actuacións, como a romaría de Trasufre en Muxía, ou coa presencia en cada misa dominical. Creou tamén a Asociación Cultural Terra do Xallas, á que lle axuda a realizar actividades coa xuventude, tramitar subvencións… e incluso está traballando co Servizo de Xuventude Municipal para un intercambio xuvenil europeo con xóvenes rumanos. Cre tanto na importancia de viaxar para coñecer mundo que tamén conseguiu levar aos rapaces da Coral a unha viaxe formativa a Polonia, e agora traballa para manter vivo o intercambio.

Eduardo Prado, á esquerda, o novo párroco que revoluciona a igrexa de Santa Comba,xunto co arzobispo de Santiago, Julián Barrio
Eduardo Prado, á esquerda, o novo párroco que revoluciona a igrexa de Santa Comba,xunto co arzobispo de Santiago, Julián Barrio | Fonte: QPC

O concurso de Panxoliñas no que participan centos de nenos de Santa Comba é todo un éxito nadal tras nadal, e ata realizou xunto co servizo de xuventude do concello un calendario con fotos antigas para recaudar fondos para actividades.
Reforma da Igrexa

Reforma da igrexa de Santa Comba

Outro dos puntos que provocou as alabanzas de toda Santa Comba foi a reforma da Igrexa. Unha igrexa dos anos 60, esteticamente conflitiva, a pesar de ser considerada unha obra moderna e vanguardista polos especialistas. Apenas se actuara sobre ela nos últimos 50 anos, e dende que chegou Eduardo dotouna dun moderno retablo, de 6 metros de altura, que representa a San Pedro, o patrono, e que alcanzou os 120.000 euros de coste. Conseguiu ademais doutros dous retablos menores. Reformou totalmente a sacristía, e puxo calefacción, novo sistema de megafonía, accionamento automático de campanas, ou alarma, entre outras accións fundamentais para a comodidade dos feligreses áhora de ir a misa e realizar eventos litúrxicos. Ata comprou un novo órgano para o cal trouxo a un pianísta polaco, Adrián Gala, para a súa inauguración.

#Acabezanonpara, que diría aquel, e tampouco a Eduardo. Agora vai a tirar a vetusta casa rectoral, que levaba practicamente abandonada dende hai máis de 20 anos, e vai a construir outra nova cunha inversión que rondará os 300.000 euros. Xa conta con proxecto técnico dilixenciado, licencia e aprobación de Santiago. En breve comezan as obras, cunha completa reforma que a convertirá nun completo centro xuvenil para albergar todo tipo de actividades para a parroquia, incluso albergue para persoas necesitadas.

O proxecto técnico inclúe baixo e dúas plantas. A planta baixa será en exclusiva para o disfrute do pobo e da parroquia con habitáculos para o local de Cáritas, salas de actividades, exposicións, locais de ensaio para os coros ou xuntanzas de calquer tipo. A primeira planta será para residencia do propio párroco e despachos rectorais. Mentras que a segunda está aínda sen definir pero podería albergar un pequeno albergue para intercambios xuvenís ou incluso unha pequena residencia de curas para Semana Santa, exercicios espirituais ou incluso, como epicentro rectoral comarcal rectoral para recibir a outros párrocos da zona.

Un legado

É certo que hai que non gusta de velo no seu coupé, ou tomando un viño. Ou hai algún parroquiano que non lle gusta que lles pida doazóns ou as cotas para gastos da parroquia xunto cos funerais, ou que pida ao concello… Pero son moitos os que pensan que as obras, e as actividades están aí, e vense, e son para o beneficio do pobo, e cando marche quedarán aí.

Do medio colaborador QPC

O cura de Santa Comba de viaxe en Polonia, no campo de Auschwitz, co Coro Xuvenil da Coral Terra do Xallas
O cura de Santa Comba de viaxe en Polonia, no campo de Auschwitz, co Coro Xuvenil da Coral Terra do Xallas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antinostrus

Xente desta é a que lle fai falta ao País para avergoñar aos míseros e vendidos CipaioNostrus....que so coñecen o verbo "soprapollear españois".....