Freixanes: "Houbo un momento no que se usou demagoxicamente o galego para a loita electoral"

O presidente da RAG cre que "se dixeron moitas mentiras" sobre a lingua nunha época "devastadora" para o galego. Chama a crear "espazos de entendemento" ao redor da lingua "en todo o ámbito social" de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2017 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, manifestou que "houbo un momento no que se usou o galego como un mecanismo demagóxico para a loita electoral". "Dixéronse moitas mentiras; por unhas partes máis que por outras", engadiu.

Víctor Freixanes
Víctor Freixanes | Fonte: Europa Press

O recentemente elixido presidente da RAG concedeu unha entrevista este domingo a Radio Nacional de España na que se mostrou moi crítico co discurso da "imposición" da lingua galega promovido desde algúns sectores da sociedade civil de Galicia.

Así, remarcou que este discurso está baseado nunha "política interesada e manipuladora" que resultou "devastadora para o galego". Con todo, Freixanes evitou pronunciarse sobre o decreto do plurilingüismo --contra o que recorreu xudicialmente o organismo que preside--, á vez que chamou a crear "espazos de entendemento" ao redor da lingua "en todo o ámbito social" de Galicia.

Así as cousas, emprazou a realizar "autocrítica" desde todos os estamentos da cidadanía de Galicia para dar "un paso cualitativo" na defensa do galego e, deste xeito, alcanzar "acordos" que permitan "unir esforzos" na promoción do uso da lingua.

"MARCO DE ENTENDEMENTO"

Freinaxes, tras remarcar que a RAG "non é un espazo de axitación", aclarou que confía "na boa vontade de todas a partes" para "crear un marco de entendemento" en torno ao galego.

Unha tarefa de promoción na que considera clave crear correntes de "afecto" cara á lingua propia de Galicia nos primeiros anos de escolarización, para que as nenas e nenos sexan conscientes de que "vivir en galego" é "algo normal que une a todos".

E o certo é que o presidente da Real Academia cre que, en comparación cos anos da súa infancia e adolescencia, lográronse "pasos xigantescos" en "uso e prestixio" do galego, especialmente no "recoñecemento social" da lingua. Con todo, opinou que isto "non é suficiente", polo que é preciso reforzar a promoción da lingua galega entre as novas xeracións como unha forma de "descubrir o mundo, de velo doutra forma".

E é que, a pesar de que, nestes momentos, fálase galego "con máis precisión" que "nunca"; Freixanes reiterou que existe un problema de "incorporación de mozas" á hora de empregalo para socializar.

"Cando chega o momento de socializar, o galego non está", manifestou o presidente da RAG, quen alertou ante a falta de presenza da lingua en "mecanismos sociais de relación" como "o cinema, a música, o lecer e o consumo". "O galego aí non está", subliñou, para logo sinalar aos medios de comunicación que "producen" en Galicia como outro ámbito no que o galego ten pouca presenza.

EQUIPO CONTINUISTA

Para Freixanes, "as institucións, os partidos políticos, os sindicatos e toda a sociedade civil" xoga un papel importante nesta tarefa, en especial, a administración e o goberno, quen "teñen que dar exemplo na práctica, uso e en marcar directrices de por onde debe avanzar o idioma", expresou.

"A Academia non é quen fai a política lingüística do país. Xa nos gustaría", indicou Freixanes, quen apuntou que o novo equipo directivo da RAG dará "continuidade" aos seus predecesores á fronte da institución que, con Xesús Alonso Montero como presidente, desenvolveu un traballo "brillante, entusiasta e xeneroso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Arturo

Os lusistas rabean ca RAG. Seguen ca idea de que se os galegos usásemos o portugués seríamos o pobo mais feliz do mundo, case tanto coma os portugueses

6 Arturo

Eso, xa sairon os tópicos da edade media, que se os reis católicos, os mesmos esquemas simplificadores feitos para enardece ras masas de fai cincuenta anos . Seguimos cos panfletos de sempre, no que algúns seguen a acreditar. Compre leer " Historia das Historias de Galicia", para desmontar as panfletadas simplistas, e ter una visión un pouco mais sutil da Historia.

5 Hermerico

e Freixans-anes quando vai galeguizar o apelido?

4 Gamela

mal empezamos... ¿por que os galegos somos tan retorcidos? Se houbo política interesada e manipuladora á respecto da lingua quen mellor que o Director de Edicións Xerais Grupo Anaya (daquela) para coñecer moi ben eses INTERESES ??? Pero case mellor calar...

1 nostrus

Gamela dice: "¿por que os galegos somos tan retorcidos?", no pluralices, retorcido seras tu y los naciotas, pero el resto no tenemos porque comulgar con vuestras manias. De todos modos a mi me gustaria que significa eso de "vivir en galego"; a lo mejoar significa que por donde uno pasa no puede haber nada de español y los demas no podran hablar español. Si significa que uno tiene derecho a usar el gallego ese derecho ya esta garantizado

3 PUGNAZ

Queridos amigos, temas como este solo pueden tratarse en serio desde una base de partida: la Constitución española de 1978 que nos configura como una sola nación española que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común, que todos los españoles deben conocer. Junto a esta, pueden cultivarse las lenguas regionales o minoritarias. Pero la natural acogida que debe darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional o minoritaria, en ningún caso puede inducir a favorecer ideas como las que se arguyen de forma habitual con un claro cariz político, segregacionista, pugnaz y de mantenimiento del negocio con sus subvenciones y puestos de trabajo artificiosos para los camaradas. Un cordial saludo.

1 Francisco

Todo o comentario soa a concesión graciosa...e a supostos completamente falsos, Coñecín persoas que argumentaban fai algúns anos que se os labregos falan hoxe galego é porque...se puxo de moda.

2 MOAB

e o de sempre o castelar ise o do andalusí... e un morisco mudéjar de al-andalus...