Actividades militares para menores de 14 anos na Coruña

A Forza Loxística Operativa organiza a Carreira de Orientación Infantil no parque de Bens, nunha xornada "cívico-militar" enmarcada nos actos do Día das Forzas Armadas. Nestas actividades, os cativos simulan lanzamentos de granadas e tiro con pistola.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 25/04/2017 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

Actividades "cívico-militares" dirixidas a menores: paso de aramado, simulación de lanzamento de granadas, tiro con pistola simulada, paso de obstáculos... Un ano máis, as Forzas Armadas volven 'chamar a filas' a nenos e nenas menores de 14 anos nunha xornada enmarcada nos actos de celebración do Día das Forzas Armadas 2017, que terá lugar o 20 de maio no parque de Bens, na Coruña. 

Menores participan en actividades do Exército na Coruña
Menores participan en actividades do Exército na Coruña | Fonte: Ministerio de Defensa

Actividaes como o tiro, ponte mono, paso de obstáculos, posto de camuflaxe e lanzamento de precisión son algunhas das prácticas programadas para os cativos na chamada Carreira de Orientación Infantil que o Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa organiza na capital coruñesa, a través da Federación Galega de Orientación (Fegado) e o Club de Orientación Coruña (C.O.CO).

Os cativos terán que superar unha serie de probas especiais deseñadas polos militares, sobre unha distancia aproximada entre 1.000 e 1.500 metros e en base a unha volta a un percorrido de balizas de control, segundo informa o Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Jaime

Qué delirio. Podían hacer algún fusilamiento, alguna violación... No sé las cosas que hacen los ejércitos, vamos.

1 nostrus

¿No sabes las csas que hacen los ejercitos? Yo te lo digo: tienen como misión garantizar la soberanía e independencia de España, defender su integridad territorial y el ordenamiento constitucional. En cuanto a que hagan alguna violacion, ¿tienes algun familiar voluntario?

2 Rianjo

En realidad de "ejecuciones" y violaciones saben ciertos nacionalistas más que nadie.

3 Fora nacionalismo espanhol

Certamente. O nacionalismo espanhol assasinou máis de 50 mil galegas e galegos só no passado século. E no presente continúa a promocionar a violencia contra as legítimas aspirações do nosso povo. E continuam a apagar a nossa voz. Mirade a historia aquí e alí, aprendede a distinguir os sipaios.

4 Ricardo r

Eso no es nada comparado con lo que hizo el nacionalismo gallego y sus compinches, que asesinaron a más de un millón de gallegos y espaňoles en el siglo XX

2 Gallego de La Coruña

Estupenda iniciativa. Seguro que llevo a mis hijos.

1 iniciativas estupendas

não esqueça o cão

1 Nostruito

Xa están estes nacionalistas inculcando a sua tolemia, aaaaaaaah noooo que son nacionalistas españois, bueno pois entonces está ben