Os casos de manipulación informativa na TVG chegan ao Parlamento

A oposición denuncia a censura informativa que se deu nun programa de informativos e que foi denunciado polo Comité de Empresa da CRTVG e polo Colexio de Xornalistas de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2017 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

A oposición denunciou este venres na Comisión da CRTVG os casos de manipulación informativa do TVG. A este respecto, o voceiro socialista Luis Álvarez, criticou que isto é xa a “punta do iceberg” da denuncia de manipulación dun xornalista despois de que fose recortada unha parte da súa información sobre o cultivo de ostras xusto pola parte que contiña críticas á Xunta.  “Non é un feito illado, nin é a primeira vez que na televisión pública a dirección aplica criterios políticos e non informativos para xerarquizar as novas”, apuntou a nacionalista Olalla Rodil.

Protestas pola manipulación na CRTVG
Protestas pola manipulación na CRTVG

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, tivo que responder ante este caso de manipulación informativa denunciado por un dos traballadores do ente público e desmentiu que se tratara dun caso de censura. “Cuestionou vostede o universo completo da CRTVG, o Colexio de Xornalistas, o comité de empresa, que vén de pedir o amparo da Valedora do Pobo. En lugar de cuestionalo todo debera asumir responsabilidades”, espetoulle o deputado socialista.

Neste sentido, Luis Álvares sinalou que agora “non só é o comité de empresa quen denuncia”, senón que “xa hai xornalistas con nome e apelidos que saen á palestra a denunciar as súas prácticas”. Unhas prácticas que, tras pedir amparo, denunciaron tamén o propio comité de empresa e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

O colexio emitiu unha resolución na que, entre outras cousas, di que “a dirección de informativos comprometeu a dignidade e a imaxe profesional” do afectado, xa que “ningún xornalista pode ser obrigado a asinar unha información contra a súa vontade”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pregunto2

Insisto. Como é que en varios programas da TVG colaboran (con microespazos) varios "xornalistas" de CorreoTV? Quen e de que xeito contrata a esas persoas?