En Melide respírase ambiente de Foliada

Cantos populares na zona de viños, música e baile tradicional, actividades infantís e concertos para poñer en valor a cultura e a música do país.

Por GC Tendencias | Melide | 29/04/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Vinte grupos participan hoxe no noveno concurso de cantos de taberna que terán lugar dende as 12.00 h. pola zona de viños de Melide. Espérase un gran ambiente como en edicións anteriores e hai ata un grupo que chega do País Vasco, “Airiños Galegos” de Santurzti. A entrega de premios deste certame farase cara as 15.30 h. na  Praza de Coles.

Pelepau. Fonte: www.foliadamelide.com
Pelepau. Fonte: www.foliadamelide.com

Como en anos anteriores haberá Mostra de Artesanía e Instrumentos na Praza do Convento e animación de rúa con xigantes e cabezudos con Os Treboeiros da Muimenta. E para os amantes da fotografía III Concurso Fotográfico con diferentes premios para os que mellor retraten o ambiente que se crea coas actividades culturais e musicais da Foliada de Melide.

Ás 18.00 h. está programado un obradoiro de baile na Praza do Convento e ao rematar marcha gaiteira que percorrerá a vila como anticipo ao Serán na Praza das Coles. O fin de festa a cargo dos grupos Pelepau e Maskarpone.

Para o domingo, presentación dun libro-cd e concerto de Óscar Ibáñez na Capela de San Antón ás 12.00 h. e actuación de Herba Grileira e Fiadeira a continuación. Para as 14.00 h hai programada unha sesión vermú con Andarivel na Praza das Ichoas.

A partir das 17.00 h. Paco Nogueiras fará gozar aos máis cativos con Brinca Vai! (Praza do Convento) e as 18.00 h. xogos populares (Praza do Pozo Pequeno) e baile tradicional (Praza do Convento).

Davide Salgado. Fonte: www.foliadamelide.com
Davide Salgado. Fonte: www.foliadamelide.com

O remate a esta xornada dedicada á tradición correrá a cargo de Davide Salgado e Blues do País e O Sindicato da Verbena. A partires das 19.00 h. na Praza das Coles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta