Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/04/2017 | Actualizada ás 22:01
Quedan 13 días de campaña. As achegas do crowdfunding do Verkami van desde 8 a 500 euros, e pódense obter lotes diversos con CD, adhesivos, camisolas, descarga dixital anticipada, entradas ao concertó de presentación e mesmo actuacións da banda. A recadación vai destinada a sufragar gastos da gravación, videoclip, deseño, fabricación e promoción entre outros.
A BANDA
Formados no 2009, RAIBA son músicos galegos de diversa procedencia: Xavi C (voz), F. Bernardini (batería), Fran J. Castro (guitarrista) e Borja (baixista). Na actualidade teñen un directo dos máis enérxicos do rock e metal galego.
Tras os álbumes "Por Vivir" (2011), "Versos de Revolta" (2014) e "Historias na Pel" (2016) lanzarán agora “Marxinación”, un paso máis na consolidación da banda como referente do seu xénero, mostra disto é que veñen de ser elixidos finalistas dos IV Premios Martín Códax da Música 2017.
O novo disco, gravado e producido en Pousada Sons Studios (Ames), será presentado o 19 de maio, cun concerto de RAIBA na sala Capitol (Compostela), xunto dúas bandas convidadas.
Pódense descargar gratis os temas do anterior álbum na súa web.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.