Hazte Oír pasea o seu autobús transfóbico por Compostela

O Concello de Santiago denegou á plataforma o acceso do autobús á Praza do Obradoiro, así como o seu estacionamento fronte ao Parlamento. Asociacións do colectivo trans denuncian que Hazte Oír "esparexe o odio" e avanzan mobilizacións.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/05/2017 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

A plataforma ultracatólica e transfóbica Hazte Oír paseou este xoves o seu polémico autobús polas rúas de Santiago de Compostela, onde representantes da asociación rexistraron escritos nas sedes do Parlamento galego e o Concello para reclamar "o fin do adoctrinamento sexual nas aulas".

Autobús de Hazte Oír en Santiago de Compostela
Autobús de Hazte Oír en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

A intención da plataforma era que o autobús chegase ata a Praza do Obradoiro, para o que é preciso pedir permiso ao goberno local, xa que se trata dun espazo limitado ao acceso de vehículos. Tanto o permiso para acceder á praza como para parar fronte ao Parlamento de Galicia foron denegados polo Concello de Santiago.

Deste xeito, o polémico autobús de Hazte Oír, acusado de promover a transfobia, paseouse polas rúas do Ensanche compostelán decorado con ilustracións do que, segundo os seus promotores, se difunde nas aulas a través de "folletos que se están entregando nalgunhas comunidades autónomas que aprobaron leis de adoutrinamento sexual" e que foron remitidos á asociación "por pais", din.

Á súa chegada á sede do Concello de Santiago, situada na Praza do Obradoiro, unha decena de persoas recibiron aos representantes de Hazte Oír con berros de "fóra transfobia de Galicia", "fascistas", "homófobos", "misóxinos" e "ignorantes". Unha concentración á que se sumaron máis persoas a medida que os membros da plataforma se desprazaban ata o rexistro do concello compostelán, xa que este non se atopa na Praza do Obradoiro senón nunha rúa próxima.

REACCIÓN DO COLECTIVO LGTBI

As asociacións Arelas, Amizando e Ultreia LGTBI, que traballan no ámbito do colectivo transexual, criticaron o paso do autobús de Hazte Oír por , ao que acusaron de "esparexer o odio", e avanzaron mobilizacións.

A través dun comunicado, as entidades mostraron a súa "repulsa" pola chegada a Santiago deste "autobús da vergoña" que, para eles, forma parte dunha campaña "homófoba e transfóbica".

A maiores, consideran que as mensaxes desta organización "negan o feito trans como condición humana, esparexen o odio e a discriminación contra as persoas trans" e "agravan" a súa situación, xa "bastante vulnerabilizada de seu".

As entidades foron coñecedoras a través das redes sociais de que Hazte Oírz ía solicitar "audiencia cos grupos parlamentarios" para "mostrar a súa repulsa" polos dereitos recoñecidos na lei pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales de Galicia.

Ante esta situación, as asociacións concentraranse para "defender os dereitos e intereses" deste colectivo este venres, día 5, na Praza do Obradoiro.

A CIG TAMÉN MOSTRA A SÚA OPOSICIÓN

Do mesmo xeito, desde a CIG tamén emitiu un comunicado para mostrar a súa oposición á chegada a Compostela do que cualificaron como "bus da raiba", unha visita que vincularon á próxima reunión que os colectivos do ámbito trans manterán cos grupos políticos para reclamar unha Lei Galega de Identidade de Xénero.

Para a CIG, "é necesario abordar a diversidade afectivo sexual desde un enfoque global que axude a previr calquera discriminación homofóbica e transfóbica" e "revisar a cultura heteronormativa que existe na sociedade".

"En definitiva: normalizar, educar na aceptación e normalización de calquera mostra de afecto entre persoas, independentemente da súa orientación ou identidade sexual, o que significa aceptar sen prexuízos a diversidade. Con este motivo, convocaron unha concentración ás 20,00 horas deste xoves na Praza 8 de marzo e para este venres, ás 12,00 horas, ante o Parlamento.

MANIFESTO DE HAZTE OÍR NO PARLAMENTO

O portavoz de Hazte Oír, Pablo Santana, entregou un manifesto no Parlamento galego no que expresan o seu "rexeitamento á ideoloxía de xénero" e no que instan á Xunta e a "todos os partidos políticos" con representación en Galicia a pór fin ao "adoctrinamento sexual nas aulas", expresaron.

En concreto, a plataforma reclama a derrogación da Lei de igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales en Galicia, aprobada en 2014 e que abarca diferentes ámbitos como o policial e xudicial, o laboral, familiar, sanitario, educativo, deportivo, cultural ou da comunicación.

Nela, a Consellería de Educación comprométese a "incorporar á realidade" das diferentes orientacións e identidades sexuais "nos contidos transversais de formación de todo o alumnado de Galicia", así como a visibilizar nos centros educativos "os diferentes modelos de familia" establecidos na mesma lei.

"INFLUENCIAR E CONFUNDIR"

Segundo o portavoz da plataforma, esta norma "busca influenciar e confundir" aos alumnos "dicíndolles que deben reformularse a súa identidade sexual cando nin sequera teñen seis anos". "Pensamos que lles corresponde aos pais educar aos nenos segundo as súas propias conviccións. Aos nenos hai que deixarlles ser nenos", manifestou nun encontro cos medios nunha gasolineira das aforas de Santiago, de onde partiu o autobús para dirixirse ao centro da cidade.

Pablo Santana indicou que a plataforma solicitou reunirse co alcalde de Compostela, Martiño Noriega. "Non nos contestou", asegurou, para logo manifestar que, con todo, non solicitaran de forma previa reunirse con ningún responsable do Goberno galego ata o rexistro do manifesto na sede parlamentaria, onde tamén pediron unha entrevista co presidente da Cámara, Miguel Santalices.

"Moitos políticos desta comunidade autónoma queren impor a ideoloxía de xénero nas aulas. Non imos facilitar que estas leis continúen expandíndose polo Estado. Imos pedir a todos os partidos que se comprometan coa educación", remarcou.

Así, denunciou o que consideran unha "vontade adoctrinadora" dos partidos políticos "con representación parlamentaria", "entre eles tamén o Partido Popular galego". "As escolas non deben ser uns laboratorios onde as ideoloxías poñan en marcha os seus proxectos", incidiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Elenterino

Esta xente, polo menos a rama galega, apoiou a Galicia Bilingüe a través dos seus activistas máis visibles en Galiza. Forman parte do mesmo círculo intolerante (Red Madre, GB, HO, Vigueses por la Libertad, Falange, Peones Negros, esRadio...) que queren roubarnos os dereitos e aliberdade das persoas.

5 Troll do BNG

LKI ata isto valeche para difamar, esa é tu conclusión? Non crees que é tan evidente a repulsa que non fai falla nin decilo. A tua conclusión tamén é que se partillas ideas có Bloque eres un Troll. Crees que fai falla contestarlle a quen defende o autobús transfóbico?

1 Gardandapurezariagalaica

Aprenda a colocar os pronomes no seu sitio antes de sacar a lingua a pacer jaja.

4 5mpq

Eu non concordo coa campaña, pero é de hipócritas poñerse tolos por as condeas por tweets e facerse os abandeirados da liberdade e despois non tolerar o bus destes iluminados. Liberdade de expresión se chama, cousa da que os comunistas e a esquerda bananera non gostan moito.

1 LKI

Por iso toda a xente que está a ser condenada por tweets, cancións de rap ou teatro de títeres, é de dereitas. Cántas chorradas hai que ler por aquí.

2 5mpq

E como á esquerda segundo vds. se lle coharta supostamente a liberdade de expresión sectariamente vds. queren aplicar o mesmo á dereita por inxusto que sexa, está vd. a dicirme iso.

3 LKI

Vaia, vaia, vaia... Parece que o bus de HazteOink non molesta tanto aos trolls do BeNeGá coma o Tramabús: http://www.galiciaconfidencial.com/... Que o podería imaxinar?

2 Laura no está

Hazte.oir es una put carallada. Dios te salve María que tenia vulva, llena eres en el cielo donde no hay sexos...