Temas: OURENSE

Música e gastronomía como industria creativa, na ICC Week

A banda tributo The Funkles ofreceu un concerto nos Xardíns do Padre Feijoo

Por GC Tendencias | Ourense | 04/05/2017 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Marta Gómez -xornalista cultural-, Migui Puig -músico, compositor e cantante-, Daniel Sanchís -Brand Activation Director en M&C Saatchi-, Almudena Palacios -coordinadora de ¡Queremos entrar!- e Patricia Hermida -manager e presidenta de MMF Spain- foron os protagonistas da segunda sesión do ICC Week. Unha sesión na que se abordou a rapidez coa que cambia a industria musical, tomando como exemplo que "o ano pasado foi a primeira vez que en España as vendas dixitais superaron ás vendas físicas”. 

Un momento do debate nas sesións da ICC week de Ourense
Un momento do debate nas sesións da ICC week de Ourense

A falta de liberdade para escoller a entidade de xestión das creacións dunha persoa en Europa, a reconversión de empresas para poder sobrevivir na industria ou as condicións laborais dos artistas no sector foron os eixos principais sobre os que xirou o debate.

Xa durante a xornada da tarde e ao remate da masterclass impartida por Javier Olivares -un dos creadores da serie El Ministerio del Tiempo-, chegou a quenda de poñer a gastronomía en valor como industria creativa. Os encargados foron Alfonso López -redactor do blogue de cociña recetasderechupete.com-, Pepe Solla -chef de Casa Solla-, Javier Olleros -chef do restaurante Culler de Pau-, Mònica Escudero -redactora xefa de El Comidista- e o chef do Restaurante Nova de Ourense Daniel Guzmán.

No acto, que se celebrou no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense e congregou a máis dun centenar de persoas, estas cinco personalidades da cociña achegaron esta arte ao público analizándoa en base a diversos temas de actualidade: a función da xente nova no sector gastronómico, os "dereitos de autor" nos pratos ou a posibilidade de combinar creatividade con excelencia.

Como broche final para este segundo día de ICC Week, a banda tributo The Funkles ofreceu un concerto nos Xardíns do Padre Feijoo onde os asistentes gozaron das mellores versións de The Beattles.

Temas: OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta