Temas: MóBIL

Lanzan dende Alemaña unha aplicación móbil para perderlle o medo aos verbos en galego

Membros do lectorado de galego da Universidade de Heidelberg desenvolven a app 'O Ximnasio dos Verbos'

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/05/2017 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

Membros do lectorado de galego da Universidade de Heidelberg, en Alemaña, veñen de presentar unha aplicación móbil para aprender os verbos (semi)irregulares do galego. A app é parte dun proxecto docente que ten a pretensión de axudar a todo tipo de estudantado —dende o alumnado estranxeiro ata o galego— a perderlle o medo aos verbos en galego.

A aplicación 'Ximnasio dos Verbos'.
A aplicación 'Ximnasio dos Verbos'.

'O Ximnasio dos Verbos' é unha aplicación para que calquera poida adestrar o presente con alternancia vocálica e os verbos irregulares en galego. "Co plano de adestramento, poderás retrucar como un/ha regueifeirx e axiña serás un/ha Jedi dos verbos. Despois, o único que che quedará será axudar a outras persoas para que consigan o teu dominio do galego", explican os propios autores da aplicación.

A aplicación naceu como un proxecto docente dentro das aulas de lingua e cultura galegas no Romanisches Seminar da Universität Heidelberg. Ao abeiro desta institución, o Galicien Zentrum (adscrito ao Iberoamerika-Zentrum) leva máis de 30 anos desenvolvendo as súas actividades sobre Estudos Galegos nas áreas de Filoloxía Románica e de Tradutoloxía. 

Dentro deste marco, as persoas que argallaron este proxecto foron Gabriel Pérez Durán e Óscar Rivas González, responsables do deseño e programación da aplicación, que se atopa baixo licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.

O 'Ximnasio dos verbos', explican os seus creadores, funciona sen necesidade de estar conectados a Internet, agás as definicións dos verbos e certas ligazóns. Isto require ligar cunha rede wifi ou de datos celulares.

Con esta aplicación, o usuario poderá saber, dun xeito divertido e con trucos e diversos exercicios se é "subes ou sobes?". 

Temas: MóBIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Lalo

A min os verbos en galego non me meten medo. O que me mete medos son os galegos.

1 Coído

Que ben! A seguinte ten que ser unha para que moitos que se atreven a dar leccións de galegofalantes (incluso ós que o falan de toda a vida) aprendan a colocar ben os pronomes... Imprescindible!!