Por Galicia Confidencial | Barcelona | 12/05/2017 | Actualizada ás 23:11
Na rúa de Bou de Sant Pere, en Barcelona, a un minuto do Palau da Música, vive Herminio Fernández Fernández, un carpinteiro galego xubilado que patentou un método para construír pirámides. No recibidor da súa casa ten un prototipo a escala da súa "rampla elevadora manual", un enxeño deseñado sen planos, con pura intuición de carpinteiro. O xornal El Periódico de Catalunya descubriu a quen pode ter a chave dun dos grandes misterios da humanidade: a contrución das pirámides exipcias.
Co que se atoparon os xornalistas cataláns na casa de Herminio foi cun "quebracabezas de madeira, un conxunto de chanzos, engrenaxes e pancas, todo tallado a man, que tan pronto como ascenden as pedras desmóntanse as pezas de abaixo e colócanse arriba para proseguir sen pausa a escalada", explica Carles Cols nun artigo publicado no xornal catalán.
"Brillante. Nada menos que o encofrado autotrepante da antigüidade. Asegura Herminio que unha soa persoa minimamente en forma pode mover bloques de 300 quilos. Non fai unha demostración dentro de casa porque xa a fixo tempo atrás, con nefastas consecuencias para os azulexos do piso. Faina no tellado. A cuestión, en resumo, é que asegura que unha vintena de persoas, cada unha coa súa panca, poderían levantar en conxunto n un bloque de 6.000 quilos", describe o xornalista tras visitar a este galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.