Villares concorda con Solla en que En Marea precisa “máis debate político”

O portavoz de En Marea fai fincapé en que, a pesar de determinadas diferenzas, están "todos" na "mesma sintonía".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2017 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, asegurou estar de acordo coa deputada e única candidata a asumir a coordinación de Esquerda Unida, Eva Solla, en que o partido instrumental do que ambos forman parte precisa "dun maior debate político".

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Europa Press

Con todo, en declaracións a Europa Press, Villares fixo fincapé en que, a pesar de determinadas diferenzas, están "todos" na "mesma sintonía" e no "mesmo proxecto político".

Con todo, admitiu, en relación á necesidade "dun maior debate político", que á forza rupturista da que é portavoz faltáronlle "foros para debater".

Neste sentido, e como exemplo do que se debería facer, destacou as xornadas organizadas por En Marea este sábado en Santiago para abordar os problemas e retos da sanidade pública galega.

Preguntado pola opinión de Solla de que "o camiño que está a tomar" o partido instrumental "non é consecuente" cos acordos da marea constituínte, Villares explicou que En Marea é un "proceso dinámico e en desenvolvemento" e que se "hai que corrixir algo", "corríxese".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Kollontai luguesa

http://www.eldiario.es/zonacritica/... Villares, querería saber a túa opinión sobre este tema.

1 Kollontai luguesa

A ver coma o explico... A ver... Non me sae... Que tal cun poema de Kavafis: " Desventurados son nuestros esfuerzos; inútiles como aquellos de los troyanos. Conseguimos un pequeño éxito; ganamos un poco de confianza; y la esperanza y el valor renacen. Mas siempre algo sucede que nos frustra. Aquiles surge de la tumba ante nosotros y acobardan sus gritos nuestros ánimos. Nuestros esfuerzos son como los de los troyanos. Pensamos que con decisión y con audacia podríamos cambiar el curso del destino, y miramos fuera al campo de batalla. Mas cuando el momento supremo llega, audacia y decisión se desvanecen; se turba y paraliza nuestra alma; y alrededor corremos de los muros buscando salvación en la huida. Sin embargo qué cierta es la derrota. Arriba, en las murallas, ha empezado ya la elegía. Llora la memoria y la pasión de nuestros días. Amargamente Príamo y Écuba lloran por nosotros."